Abraiante Galicia XI: A impoñente muralla de Lugo
No ano 13 a.C., e de acordo coas directrices do enxeñeiro romano Vitrubio, Paulo Fabio Máximo fundou Lucus Augusti en nome do emperador Augusto. Era unha cidade habitada por castrexos e romanos, frecuentemente asediada por pobos bárbaros, polo que entre os anos 263 e 276 d.C. foi rodeada cunha muralla de lousa e granito que hoxe se conserva como un dos monumentos mellor preservados da arquitectura romana en España. Ademais do seu propósito defensivo, a muralla tamén cumpría unha función de prestixio, dada a importancia de Lugo e a presenza imperial na Gallaecia. Na actualidade, a través das súas portas, integra a “antiga” Lucus coas construcións modernas que a rodean. O seu adarve ou paseo superior é accesible ao público e permite gozar de vistas panorámicas das dúas etapas da cidade. Inicialmente, contaba cun foxo exterior e un intervalum ou espazo entre a muralla e Lucus, xa desaparecidos.
Abraiante Galicia XI: A impoñente muralla de Lugo Ler máis »