Multipolaridade : Palabra chave

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Multipolaridade: un mundo en conflito

Quen le, nestes meses, artigos sobre a actualidade internacional non pode evitar atoparse cun termo: a multipolaridade. Con este concepto, explicativo pero tamén cualificativo, descríbese o estado actual do noso planeta, que semella anunciar un mundo novo e, ao tempo, recuperar dinámicas ben coñecidas. Pero que significa realmente que esteamos perante unha sociedade internacional multipolar?

Multipolaridade: un mundo en conflito Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Outros
iran

A guerra e o novo equilibrio rexional: Oriente Medio máis alá de Irán

A guerra entre Irán, Israel e Estados Unidos concentrou a atención internacional na cuestión nuclear iraniana e nos riscos dunha escalada rexional. Porén, os cambios máis significativos poden estar a producirse nun plano menos visible. O conflito parece estar acelerando unha profunda reconfiguración do equilibrio de poder en Oriente Medio, marcada por unha crecente autonomía estratéxica das monarquías do Golfo, a diversificación das súas alianzas internacionais e unha progresiva orientación cara a Asia. Arabia Saudita emerxe como actor central desta transformación, mentres a India incrementa a súa relevancia económica e xeopolítica, os Emiratos Árabes Unidos exploran novas formas de influencia baseadas na interdependencia económica e Iraq consolídase como un dos principais prexudicados invisibles da crise. Máis alá da evolución inmediata da guerra, as dinámicas actuais suxiren a emerxencia dunha orde rexional máis multipolar, máis complexa e menos dependente dunha única potencia externa.

A guerra e o novo equilibrio rexional: Oriente Medio máis alá de Irán Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
Peng Liyuan, Xi Jinping, Donald Trump e Melania Trump na entrada de Mar-a-Lago, abril de 2017

Que gaña China nesta guerra?

A China espántalle a inestabilidade. De Lao Zi a Confucio, pasando por Sun Zi, a guerra non só non é desexable, senón un recurso lamentable e excepcional. A sabedoría chinesa está inzada de advertencias directas, mesmo viscerais, contra o belicismo, configurando unha tradición estratéxica que sitúa a harmonía no cumio dunha orde social asentada na concordia como principio reitor do pensamento clásico.

Que gaña China nesta guerra? Ler máis »

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Cal é o estado do planeta? Xa dispoñible o IGADI Annual Report 25-26

A 19º edición do anuario de relacións internacionais e política global do IGADI, perfila as principais dinámicas da sociedade internacional durante o 2025 así como as perspectivas dos acontecementos en curso no 2026. Marcado pola Presidencia do Donald Trump 2.0 e a erosión total do sistema de normas occidentais polo seu arquitecto principal, os Estados Unidos de América, a gobernanza global profundiza na inestabilidade.

Cal é o estado do planeta? Xa dispoñible o IGADI Annual Report 25-26 Ler máis »

IGADI Annual Report 2024-2025: Multipolaridade, Policrise e movementos na gobernanza global

Publicamos o IGADI Annual Report 24-25 “Multipolaridade, Policrise e movementos na gobernanza global”

O anuario perfila as principais dinámicas da sociedade internacional durante o 2025, despois dun 2024 marcado polo ano electoral global e as guerras en Ucraína e Palestina. Identifica distintos movementos para transformar a gobernanza global: da política de ruptura e inundación do Trump 2.0, ao Sur Global e os BRICS, a carreira armamentística ou a nova xeopolítica tecnolóxica.

Publicamos o IGADI Annual Report 24-25 “Multipolaridade, Policrise e movementos na gobernanza global” Ler máis »

IGADI Annual Report 2022-2023: Globalización e multipolaridade en tempos de Guerra

Globalización e multipolaridade en tempos de Guerra

No 2022 titulamos o IGADI Annual Report (IAR) «Desorde pandémica, interdependencias e guerra» co eco dos últimos latigazos da pandemia e baixo o impacto do inicio da invasión Rusia da Ucraína. Logo dun espellismo inicial arredor dunha vitoria rusa fugaz, a guerra lóstrego cambiou de natureza e avanzou entre unha guerra tradicional e unha guerra marcada, entre moitas outras cuestións, polas innovacións tecnolóxicas en todos os ámbitos, do estritamente militar, ao comunicativo ou económico…

Globalización e multipolaridade en tempos de Guerra Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais

Os BRICS: unha década de expectativas incumpridas?

Os BRICS (plataforma intergobernamental integrada por Brasil, Rusia, India, China, Sudáfrica) cumpriron a súa primeira década. Nesa hora do inevitable balance conflúen dúas perspectivas. Uns, en liña coa visión dos países máis desenvolvidos, insisten na dilución progresiva daquela vivacidade inicial que emerxía en 2009, cos primeiros acenos da crise, como materialización efectiva dunha orde multipolar

Os BRICS: unha década de expectativas incumpridas? Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Outros

O recambio chinés na xeopolítica global

A hexemonía global reside aínda nos EUA como primeira potencia indiscutible tanto no plano militar como no económico ou cultural. Soamente a China pode aspirar a esa posición en virtude do seu crecemento e da mellora do seu poder militar sen pasar por alto o fortalecemento das súas capacidades tecnolóxicas.

O recambio chinés na xeopolítica global Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Apartados xeográficos China e o mundo chinés