novas cidadanías : Palabra chave

Votar e moito mais Arturo Lezcano 1

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (IV) Arturo Lezcano reivindica o dereito dos galegos de América a que se recoñeza a súa historia e o seu protagonismo na construción da Galicia presente e futura

Fixemos esta entrevista co xornalista Arturo Lezcano uns días antes de que os representantes de dous partidos políticos españois cuestionasen os dereitos dos cidadáns no exterior. Levamos tempo traballando nesta idea de procurar e pensar as novas cidadanías que se abren a partir da obtención da nacionalidade para descendentes de emigrados ou exiliados. Non xa como o proxecto utópico deses que tiveron que marchar da súa terra para seguir soñando e poder sobrevivir, senón como unha realidade chea de posibilidades de futuro en todos os ámbitos.

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (IV) Arturo Lezcano reivindica o dereito dos galegos de América a que se recoñeza a súa historia e o seu protagonismo na construción da Galicia presente e futura Ler máis »

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
alejandro

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (III) “Temos que facer militancia artística, rexeitar as dicotomías. Que ninguén nos diga que se somos unha cousa non podemos ser outra”

Para pensar as novas cidadanías desde outras cosmovisións achegámonos ás artes. Entrevistamos a Alejandro Iglesias Rossi que é músico, investigador, compositor, educador, creador e director da Orquestra de Instrumentos Autóctonos e Novas Tecnoloxías da Universidade de Tres de Febreiro (Arxentina). Formouse nos conservatorios de Boston e París. Foi dúas veces premiado pola UNESCO. Tamén é membro fundador da Rede de Investigación e Creación Musical de América, presidente do Consello Arxentino da Música e vicepresidente do Consello da Música das Tres Américas do Consello Internacional da Música da UNESCO. De orixes galegas, este arxentino traballa incansablemente a favor da cultura musical americana e reivindica a descolonización do pensamento cultural e identitario. Na carreira de Música desa universidade das aforas de Buenos Aires teñen construído os instrumentos representados no pórtico da Gloria para interpretar as cantigas medievais de Martín Códax.

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (III) “Temos que facer militancia artística, rexeitar as dicotomías. Que ninguén nos diga que se somos unha cousa non podemos ser outra” Ler máis »

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
nico casares

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (II) Entrevista ao eurodeputado galego Nicolás González Casares “Este proceso vai conceder novos dereitos a centos de miles de persoas, vai fortalecer lazos, pero tamén ten unhas obrigas”

O Censo de cidadáns no exterior medra a ritmo acelerado e alimenta o optimismo demográfico que trae luz tras anos de tendencias negativas. Son un potencial inexplorado e falta definir o alcance destas novas cidadanías no ecosistema político e social dun país que traballa para consolidar a súa presenza estratéxica no contexto internacional.

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (II) Entrevista ao eurodeputado galego Nicolás González Casares “Este proceso vai conceder novos dereitos a centos de miles de persoas, vai fortalecer lazos, pero tamén ten unhas obrigas” Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio das Diásporas
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
ANA MIRANDA

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (I) Entrevista a Ana Miranda “Buenos Aires é a cidade con máis galegos. Sería de interese crear unha comisión no Parlamento para saber se os sistemas de representación que existen son os máis axeitados”

Galicia medra e muda. Comezamos o ano mirando o nacemento das “novas cidadanías”. O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de publicar os datos de poboación que revelan que a composición e o tamaño da nosa xente no mundo é maior e máis diverso. Hai cada día menos galegos emigrados e máis dos que mesmo nin pisaron a terra. A Galicia Universal redefine o seu perfil e queremos pensar como van inserirse os emigrados, os inmigrados, os novos galegos nacidos fóra na sociedade, na lingua, na economía, na idea de país e nas institucións para exercer os seus dereitos como cidadáns plenos.

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (I) Entrevista a Ana Miranda “Buenos Aires é a cidade con máis galegos. Sería de interese crear unha comisión no Parlamento para saber se os sistemas de representación que existen son os máis axeitados” Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio das Diásporas
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia