Quad : Palabra chave

As tres claves da xira de Joe Biden por Asia

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos China e o mundo chinés

Tres asuntos teñen primado na primeira xira do presidente dos EUA, Joe Biden, pola rexión asiática. Mais aló da cuestión de Corea do Norte, o asunto de maior alcance foi Taiwán. O “si” como resposta á pregunta sobre o compromiso de defender militarmente a Taiwán en caso dunha invasión chinesa, marcou un novo punto de inflexión no posicionamento da Casa Branca, xerando dúbidas razoables sobre a pervivencia da “ambigüidade estratéxica” que tradicionalmente caracterizou a actitude estadounidense neste delicado aspecto. Tanto é así que unha vez mais, funcionarios da Casa Branca matizaron despois esas palabras para asegurar que aquela política “non mudara”.

QUAD

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Asia

A OTAN asiática está en marcha, e chámase QUAD. Resume a importancia que os EUA outorgan a esta alianza o feito de que o Secretario de Estado Mike Pompeo, pese á pandemia e pese mesmo ao positivo de Donald Trump, viaxou igualmente a Tokio para se reunir cos seus pares de Xapón, India e Australia. …

QUAD Ler máis »