Redes sociais : Palabra chave

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

A xeopolítica do algoritmo

A xeopolítica xa non se analiza en mapas de papel nin se define exclusivamente a partir do control dos estreitos marítimos ou os xacementos de cru. Na segunda década do século XXI, a política global é dixital, polo cal é necesario examinar como esa dixitalización modifica o tempo e o espazo da política contemporánea.

A xeopolítica do algoritmo Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Outros
redes 0

Crise de confianza da democracia en España 2. O papel estrutural das redes sociais na deslexitimación institucional

Dámoslle continuidade ao primeiro artigo desta serie —no que se establecían as bases estruturais da crise de confianza democrática en España— para afondar agora nun dos seus catalizadores máis decisivos: a transformación do sistema informativo e político a través das redes sociais. Convertéronse, nun lapso moi curto, no principal espazo de circulación de información, de configuración da opinión pública e de confrontación política. Porén, lonxe de fortalecer os piares da democracia liberal, o seu impacto sobre a confianza cidadá parece estar contribuíndo á súa erosión progresiva, configurando un escenario no que a lexitimidade institucional se volve cada vez máis fráxil.

Crise de confianza da democracia en España 2. O papel estrutural das redes sociais na deslexitimación institucional Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa Outros
igadi annual report 2024 2025 1

Distopías futuristas: Tecnofeudalismo, intelixencia artificial e singularidade

O concepto de tecnofeudalismo gañou forza durante o 2024, froito da obra de Yanis Varoufakis do mesmo título, inspirado, entre moitas outras, por pensadoras como Shoshana Zuboff, Cedric Durand ou Evgeny Morozov, que ofrecen unha nova perspectiva sobre a transformación do capitalismo actual. O termo reflicte, a grandes trazos, a reconfiguración das dinámicas de poder e das estruturas sociais e económicas no contexto da era dixital, onde as grandes corporacións tecnolóxicas desempeñan, no máximo da metáfora, un papel semellante ao dos señores feudais do ancién regime.

Distopías futuristas: Tecnofeudalismo, intelixencia artificial e singularidade Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Outros

Yin, yang ou que?

Trala visita de Xi Jinping aos principais medios centrais que “conectan a China co mundo” (Televisión Central, Diario do Pobo, Axencia de Noticias Xinhua), en palabras do propio secretario xeral do PCCh, a “lealdade ao Partido” converteuse no apelido irrenunciable dos medios; isto equivale a dicir que o aliñamento coas teses oficiais refórzase e as

Yin, yang ou que? Ler máis »

Apartados xeográficos China e o mundo chinés