Refuxiados : Palabra chave

Campo de persoas refuxiadas Rohingya, Teknaf, Bangladesh. Autor: Masum-al-Hasan Rocky, Fonte: Wikimedia

A traxedia rohingya

A traxedia rohingya é unha ferida aberta no mapa moral do sueste asiático. Dende 2017, a ofensiva militar de Myanmar na rexión de Rakhine, no Goldo de Bengala, forzou o éxodo de máis de 700.000 persoas cara a Bangladés. Expulsados do seu territorio ancestral, os rohingyas exemplifican unha forma de exclusión institucional que pon en evidencia as fendas do dereito internacional contemporáneo.

A traxedia rohingya Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Asia

A Externalización das Fronteiras Europeas

Estas reflexións son a segunda achega dunha serie de artigos para Praza Pública sobre o fenómeno global das migracións, froito dunha investigación sobre persoas refuxiadas en Galicia financiada polo programa de bolsas de investigación da Deputación da Coruña 2017-2018.

A Externalización das Fronteiras Europeas Ler máis »

Apartados xeográficos Outros

Refuxiados

Como é costume, o cumio de Nacións Unidas sobre refuxiados e migrantes celebrado en setembro último en Nova York rematou cunha declaración; e, como tamén é habitual, o seu ton, xeneroso co respecto formal dos dereitos humanos de todas as persoas, compleméntase coa restrición do seu carácter non vinculante. Resultan así meras declaracións de intencións

Refuxiados Ler máis »

Apartados xeográficos Outros

“Refuxiados” en Múnic

Sen prover un marco definido para a solución do interminable conflito sirio así como do desastre humanitario motivado pola crise de refuxiados, a recente Conferencia de Seguridade de Múnic evidenciou en qué medida as grandes potencias antepoñen sen ambigüidades os seus intereses xeopolíticos na confección do “novo Oriente Próximo”, por riba das necesidades de poboacións

“Refuxiados” en Múnic Ler máis »

A tripla sintomatoloxía dun malestar global

Inseguridade, ben podería ser a palabra do ano que remata. Non só por mor do deterioro global da seguranza, que é un feito, senón polo incremento das incertezas que acompaña o aumento da temperatura do planeta, o profundamento dun modelo in-social que fai da precariedade un dos valores supremos da competitividade, as flutuacións dunha economía

A tripla sintomatoloxía dun malestar global Ler máis »

Apartados xeográficos Outros

Tres síntomas dun malestar global

A situación internacional en 2015 estivo condicionada por tres grandes eixes transversais. Dunha banda, a intensificación das acción terroristas; doutra, a loita contra o cambio climático; por último, o agravamento da problemática dos refuxiados. Respecto ao primeiro, a reiteración de atentados nos cinco continentes co selo común da confrontación coas políticas occidentais puxo en vilo,

Tres síntomas dun malestar global Ler máis »

Apartados xeográficos Outros

Sacódense as bases da Unión Europea

En moi pouco tempo caeron varios piares da Unión Europea.  O que sucedeu na Grecia sacudiu os alicerces da Unión.  Demostrou que unha economía que non funcionaba antes de que o país entrase na Unión Europea, funcionou peor aínda despois de que entrou nela, porque os demais países se aproveitaron para enchelo de dívidas ofrecéndolle

Sacódense as bases da Unión Europea Ler máis »

Apartados xeográficos Europa

Europa, Europa ….

A afluencia de refuxiados a Europa, moitos deles procedentes de países en conflito como Siria, Libia, Iraq ou Afganistán, todos eles, en maior ou menor medida, brancos da intervención occidental nos últimos anos, deixou en evidencia a pouca vontade política existente para artellar unha resposta continental e internacional coordinada.

Europa, Europa …. Ler máis »

Apartados xeográficos Europa

Refuxiados nunha Europa indiferente

A masiva chegada de refuxiados a Europa proveniente das guerras de Siria e Libia está provocando o mais agudo drama humanitario desde a II Guerra Mundial. Países como Grecia, Macedonia, Serbia e Italia víronse desbordados pola masiva chegada de aproximadamente 25.000 persoas que non só foxen das penurias económicas senón de conflitos bélicos próximos ás

Refuxiados nunha Europa indiferente Ler máis »