Xenocidio : Palabra chave

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Gaza, xenocidio e “proceso de paz”: balance de 2025 e perspectivas para o 2026

O ano 2025 marcou un punto de inflexión no conflito en Gaza. Case dous anos despois do inicio da ofensiva militar israelí tras os ataques de Hamás do 7 de outubro de 2023, e o xenocidio contra o pobo palestino cada vez máis aberto, o 9 de outubro de 2025 Israel e Hamás anunciaron un acordo de alto o fogo que abriu a porta a un novo proceso político impulsado polos Estados Unidos. Este acordo constitúe a primeira fase do chamado Plan Integral do Presidente Donald J. Trump para pór Fin ao Conflito de Gaza, presentado oficialmente como unha folla de ruta cara a unha “paz sólida, duradeira e eterna”.

Gaza, xenocidio e “proceso de paz”: balance de 2025 e perspectivas para o 2026 Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
Febreiro de 1956 Mapa do Plan de partición da ONU para Palestina, adoptado o 29 de novembro de 1947, co límite do anterior plan de partición da UNSCOP engadido en verde.

Palestina: entre a ocupación prolongada e a indiferencia global

Nos últimos meses, a traxedia palestina deixou de ser un conflito periférico para ocupar, novamente, o centro do taboleiro internacional. As cifras arrepiantes de vítimas civís, as condicións inhumanas en Gaza e a escalada de violencia sen freo reavivaron as demandas de xustiza, pero tamén as acusacións que, sen ambaxes, cualifican de xenocidio a actuación do Estado de Israel. Este artigo non pretende polemizar, senón contribuír a unha análise rigorosa dun proceso sistemático de desposesión e negación do pobo palestino, cuxas raíces históricas e expresións contemporáneas son cada vez máis evidentes.

Palestina: entre a ocupación prolongada e a indiferencia global Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
bandeiras ue eeuu

Da orde baseada en regras á orde baseada no terror

A “orde internacional baseada nas (miñas) regras” é unha narración que nos últimos tempos os EUA., a UE e toda a chamada orde liberal utilizaron para rexeitar calquera alteración substancial que puidese proporcionar un amparo lóxico e obrigatorio aos cambios experimentados en a situación internacional das últimas décadas, especialmente despois do fin do mundo bipolar. Na práctica, esta orde responde á vontade de preservar unha hexemonía excluinte.

Da orde baseada en regras á orde baseada no terror Ler máis »

Na fotografía, de esquerda a dereita, Rubén Lois (USC), Tino Santiago (IGADI), Bichara Khader, Daniel González Palau (IGADI) e David Rodríguez (Fundación Araguaney)

Entrevista a Bichara Khader “O espertar da sociedade, tamén da galega, é útil para o pobo palestino”

Bichara Khader (Zababdeh, Palestina, 1944), profesor emérito da Universidade Católica de Lovaina, é especialista nas relacións euro-árabes. De pai protestante e nai católica, a súa vila natal do norte da actual Cisxordania tiña catro igrexas e dúas mesquitas, con musulmáns, católicos, ortodoxos ou melquitas convivindo no día a día. Unha situación moi diferente ao conflito permanente que se vive en oriente próximo desde hai décadas e a cuxa solución tenta contribuír Khader coas súas reflexións desde o mundo académico.

Entrevista a Bichara Khader “O espertar da sociedade, tamén da galega, é útil para o pobo palestino” Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio