Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeVolver ó índice

Concurso de Redacción “Por un mundo máis xusto, faite solidario”

Finalista

A crúa vida da muller no día a día
Miriam Couso Pérez
IES de Poio (Pontevedra)

 
 

“Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dereitos e dignidade”, “Toda persoa ten tódolos dereitos sen distinción algunha de sexo”, “Todos somos iguais ante a lei e temos, sen distinción, dereito igual a protección da lei”.

Na teoría, estes principios “universais” son moi equitativos, pero, ¿sucede isto na vida diaria? Eu diría que non, a pesar de que as mulleres temos avanzado moito no trato da sociedade, aínda estamos sendo discriminadas unicamente polo feito de ser mulleres; as mulleres estamos sometidas a mecanismos discriminatorios en función da nosa etnia, xénero, idade ou clase.

Comezando polo ámbito laboral, as mulleres funcionamos como forza secundaria e marxinal utilizada polo sector empresario para baixar os custos de producción, por non mencionar que temos máis dificultade para acceder a empregos ben remunerados e condicións de estabilidade, cousa que non é xusta e moito menos equitativa. ¿Hasta cando esta discriminación? As mulleres estamos igualmente capacitadas par calquera traballo coma realizar calquera traballo coma eles, pero a pesar disto aínda non se admite que sexa certo, máis ben séguese considerando ós homes por riba das mulleres. A pregunta que se suscita agora é ¿que podemos facer par evitalo? Dende logo, está claro que esta pregunta non ten unha resposta sinxela, pero tampouco se fai nada dándolle ás costas e facendo coma se isto non acontecese na actualidade; porque certo é que á maioría dos homes non lles gusta nada admitir que as mulleres estamos igualmente capacitadas, pero, tamén a verdade que a pesar de que as mulleres intentamos modificar isto,non facemos todo o necesario, loitando para que se recoñeza todo o que nos corresponde.

Pasando ó ámbito doméstico, a discriminación de mulleres exércese dende ser violentadas sexualmente ata a conculcación dos nosos dereitos, tales como:transgresión dos desexos, motivacións e liberdade, omisión, ofensa, descalificación, uso non permitido do noso corpo e intromisión na nosa sexualidade.

Estou practicamente segura de que a sociedade non sabe que UNHA DE CADA CINCO MULLERES SOFRE ALGÚN TIPO DE VIOLENCIA DOMÉSTICA!!!, esta cifra é verdadeiramente espelugnante, pero peor é saber que só un baixísimo porcentaxe destas mulleres as que o denuncia, o que contribúe a que o avance da muller na sociedade sexa máis lento. Hai que admitir que tamén se dan casos de violencia ó xénero masculino, pero comparando estes casos cós de violencia ó xénero masculino, pero comparando estes casos cós de violencia ó xénero feminino a diferencia de cifras entre uns e outros é abismal. Non entendo como hai homes que poden durmir tranquilos sabendo o que lles fan ás súas mulleres.

Este problema da discriminación que é tan habitual, xa que se dá tódolos días nas diferentes partes do mundo, debería facer que nos demos conta da sociedade na que vivimos e motivarnos para intentar cambialo, porque non se lle dá importancia que en realidade ten.

A pesar de todo, gustaríame crer que, nalgún momento, esta discriminación, que a min persoalmente me resulta inmoral, desapareza definitivamente, porque se queremos podemos logralo.

 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.gal

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/06/2004
Fernando Pol