Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeVolver ó índice
Modelo orientativo de acordo plenario de adhesión ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
 
 

Vista a proposta do “Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade”, orientada a contribuír dende o noso propio ámbito ó desenvolvemento dos países do Terceiro Mundo, mediante a creación dun fondo económico que financie proxectos de axuda ós países en vías de desenvolvemento e campañas de sensibilización en Galicia sobre a cooperación e a solidariedade internacional,

O PLENO do Concello/ Deputación de _________________________
decide adoptar o seguinte

ACORDO

Primeiro. Manifestar a adhesión desta Corporación ó FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE e aceptar os seus Estatutos e Declaración Programática.

Segundo. Asumir o compromiso de dotar presupostariamente unha partida, como achega anual ó Fondo Galego, con destino ó financiamento de proxectos aprobados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e de conformidade co correspondente Baremo de cotas que aprobe a Asemblea xeral de socios.

Terceiro. Expresar a vontade de incrementar as responsabilidades económicas deste Concello/ Deputación respecto do Terceiro Mundo para aproximarse ó 0,7 % do orzamento ordinario recomendado polas Nacións Unidas.

Cuarto. Facultar ó Alcalde- Presidente para que designe un representante do Concello no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Quinto. Notificar estes acordos ó Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.


Observacións a este formulario

1ª. Non é necesario concretar a cantidade exacta que vai aportar ó Fondo Galego pois reflectirase no correspondente documento presupostario.

2ª. A designación do representante corporativo perante o Fondo Galego feita mediante Decreto da Alcaldía- Presidencia ou mediante acordo da Comisión de Goberno facilitará a súa substitución en caso de necesidade.

 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.gal

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/02/2004
Fernando Pol