Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.gal
Tel/Fax: 986 357 238
 
Comunicación Volver a Comunicación
Novas do Fondo Galego
 
 
 Maio 2007 

[Índice Novas][Arquivo Novas]

 

En colaboración coa Deputación de A Coruña
O Fondo Galego apoia a 2ª fase do Centro de Educación Alternativa Rural de Somoto, en Nicaragua

O pasado 24 de maio, foi aprobado en pleno o convenio de colaboración entre a Deputación de A Coruña e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para o financiamento do proxecto de Educación Alternativa Agropecuaria para Adolescentes e Xoves Rurais do Municipio Las Sabanas, en Nicaragua.

O obxecto do convenio é a colaboración económica na execución do “proxecto de educación técnica agropecuaria para adolescentes e mozos rurais no municipio de Las Sabanas (Nicaragua)”, que se concreta nun proxecto de educación técnica a nivel de escola secundaria, que se desenvolve nos Centros de Educación Alternativa Rural (CEAR) implementados polo INPRHU-Somoto, no que os alumnos e alumnas, despois de tres anos de estudos (o primeiro curso realizouse no ano 2006), acadarán o título de “Técnicos Básicos Agro-ecolóxicos”.

Conta tamén cun compoñente de orientación vocacional no campo agro-ecolóxico, dirixido a nenos e nenas de escolas primarias das mesmas comunidades de adolescentes e mozos, a través dunha materia no seu currículo escolar denominada “Educación ambiental”.

A Deputación de A Coruña compromete unha achega provincial do 61,31% do proxecto. O resto das achegas serán realizadas polo Fondo Galego.



Informe de AI 2007: “O mundo é máis perigoso aínda ca durante a guerra fría”

Amnistía Internacional (AI) considera que tanto gobernos como grupos armados están a violar os dereitos humanos en nome da seguridade. Segundo Irene Khan, secretaria xeral de AI, “cando encaramos os outros como unha ameaza e estamos dispostos a negociar os seus dereitos humanos a cambio da nosa seguridade, estamos a xogar un xogo sen vencedores”. E engadiu, “o mundo está tan polarizado como no auxe da guerra fría e resulta, en moitos aspectos, máis perigoso. Os principios universais que nos debían unir están a ser desbaratados en nome da seguridade”.

A secretaria xeral de AI considera que a axenda está ditada polo medo, instigado e sustentado por líderes sen principios. O primeiro ministro australiano, John Howard, o presidente de EUA, George Bush, e o de Sudán, Omar al-Bashir, son citados entre os que recorren ao medo para reforzaren o seu poder.



A débeda e o G8

O 15 de maio, en Berlín, no marco da presentación do informe anual da organización “Debt, Aids, Trade África” (DATA) que fai un seguimento dos acordos adoptados no cumio do G8 de Gleneagle, celebrado en xullo de 2005, os cantantes irlandeses Bono e Bob Geldof demandaron aos países membros do citado grupo o respecto e cumprimento das promesas feitas entón. En Escocia, os países máis industrializados do planeta, e Rusia, comprometéronse a anular a débeda pública multilateral de trinta e cinco países dos máis pobres do mundo e aumentar en 25 mil millóns de dólares a axuda aos máis desfavorecidos antes de 2010. Pero segundo DATA, soamente o Reino Unido e o Xapón cumpriron coa súa palabra a día de hoxe. Os dous músicos queren volver a poñer este asunto sobre a mesa do G8 na xuntanza que a primeiros de xuño celebrarán en Potsdam, Alemaña.



A distorsión da axuda ao desenvolvemento

Por segundo ano consecutivo, Concord, unha confederación que reúne a máis de 1.500 ONG europeas, publicou o 11 de maio un informe sobre a evolución da axuda pública ao desenvolvemento (APD) aportada por Europa. Oficialmente, segundo os autores, vai en aumento e se encamiña cara o obxectivo do 0,7% do PNB en 2015. oficialmente tan só, aseguran. En 2006, os Estados membros da Unión aseguraron dedicar o 0,43% do PNB á APD, sobrepasando o obxectivo do 0,39% marcado para esa data. Pero as ONGs que subscriben o informe aseguran que é FALSO, porque as cifras oficiais inflan a axuda, integrando no mesmo concepto anulación de débeda, acollida de refuxiados ou oferta de ensino a estudantes estranxeiros. Quen se leva a palma é Austria, onde o orzamento de APD en sentido estrito é de 499 millóns de euros contra os 1.200 millóns anunciados. Síguelle Francia, que esaxerou un 50%, Italia (44%) e Alemaña (35%). O mellor alumno é Irlanda, cunha alza real do 1%, seguido de Finlandia (2%). O valor do inflado, segundo Concord, ascende a 13.500 millóns de euros.

 
 Subir
 
Arquivo de Novas do Fondo Galego
 
Ano 2007: 04.
 
Volver a Comunicación



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/10/2007
Fernando Pol


Subir