O europeísmo de Franco Grande
A catro anos do seu falecemento lembramos a un dos impreszcindibles da historia do noso Consello Asesor.
Artigos de opinión e análise relacionados coa acción exterior de Galicia
A catro anos do seu falecemento lembramos a un dos impreszcindibles da historia do noso Consello Asesor.
Non esquezas que o 17-20 de abril celébrase o XIV Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos Braga/Guimarães. Toda a información na web: https://cehum.elach.uminho.pt/xiv_ciaieg#programme
Que valor ten a literatura e a tradución na internacionalización de Galicia? Que desafíos nos tempos actuais?
Nota sobre a a mesa redonda “Traducións e literaturas de premio” que tivo lugar o 7 de marzo no marco do congreso El ojo de Polisemo, coorganizado por ACE Traductores (CEDRO) e a Universidade de Vigo
Em dezembro de 2024 será comemorado o 25º aniversário da devolução da ilha de Macau à China por Portugal. No marco desse aniversário, Carolina Aldea Arias, achega um especial para nos aproximar a um dos pontos estratégicos da Grande Bahia…
No mundo globalizado que nos toca vivir, non chega con ser dun territorio, dun país, identificarse co mesmo e sentilo como propio. O territorio, o país, é unha realidade en si, pero ao mesmo tempo é o que outros ollan e perciben del. Polo tanto, Galiza é algo máis que unha nación, unha sociedade e unha lingua, tamén é o resultado da imaxe que proxecta no exterior. Nesta imaxe procuramos centrarnos nunha comunidade cultural e idiomática moi parella á nosa, irmá, como é a conformada polas nacións de lingua oficial portuguesa.
No limiar da recente reedición da súa novela Un home que xaceu aquí (Galaxia, 2023), o escritor Aníbal Malvar apunta: “No tempo desta novela, Galicia era un territorio realmente máxico, máis escrito por fabuladores que por historiadores”. A referencia é, xaora, ao tempo da coñecida como Transición á democracia. E ten razón.
Galicia, como potencia produtora no sector primario, ten aínda un longo camiño que percorrer na súa internacionalización. O ámbito do viño tampouco é unha excepción, aínda que a tendencia dos últimos anos é positiva, froito dunha cada vez maior profesionalización no sector.
En Galicia levamos demasiados anos mareando a perdiz en materia de acción exterior. Os últimos lustros foron de aberta deconstrución. Curiosamente, este labor de fondo seguiu coexistindo cunha narrativa en positivo debedora doutras épocas. Así, ao tempo, non importaba subscribir ambiciosas unanimidades, aprobar normas legais ou mesmo estratexias que podían dar a sensación contraria. Moito botafumeiro pero ninguén facía o camiño. A nula implementación foi o santo e seña do mais burdo cinismo institucional, reforzado pola ausencia de mecanismos de avaliación e control e amparado no feble interese parlamentario e social.
O pasado vinte e xaneiro o pobo caboverdiano celebraba o cincuenta e un aniversario do día da súa declaración de liberdade, que non foi recoñecida ata xullo de 1975. A día de hoxe, e con arredor de medio millón de habitantes, as súas dez illas volcánicas macaronésicas son fonte de contrastes.
Unha das principais novidades nas próximas eleccións galegas é que o voto da diáspora pode volver ser decisivo. No 2024 xa non haberá ‘voto rogado’. Os electores no estranxeiro non van ter que facer ningunha xestión especial para poder participar nos comicios. Pode que volvamos a cifras de participación semellantes ao 2009, cando votou unha terceira parte do censo exterior; cifras que contrastan coa participación nas do 2020 cando só exerceron este dereito 5.726 galegos dos case 500.000 censados no estranxeiro, é dicir o 1,24%. Alfonso Rueda sábeo ben e, desde o verán pasado, cada semana, polo menos un membro do Goberno estivo de viaxe entre os votantes no exterior.