O europeísmo de Franco Grande
A catro anos do seu falecemento lembramos a un dos impreszcindibles da historia do noso Consello Asesor.
Artigos de opinión e análise relacionados con Europa
A catro anos do seu falecemento lembramos a un dos impreszcindibles da historia do noso Consello Asesor.
A 25 de setembro de 2015, em Nova Iorque, a Cimeira das Nações Unidas proclamou a vigência de uma nova agenda ambiciosa, centrada nos chamados cinco P’s: no planeta, na prosperidade, na paz, nas pessoas e nas parcerias. Transforming our world: the 2030 Agenda for Sustainable Development, mais comumente intitulada de Objetivos de Desenvolvimento Sustentável 2015–2030 (ODS), visa o alcance de todos os 17 objetivos previstos na resolução A/RES/70/1 e respetivas 169 metas “integradas e indivisíveis” (UN General Assembly, 2015).
O 10 de marzo, máis de un millón de portugueses deron o voto á ultra dereitista Chega, liña en ascenso en moitos países. Case sempre vótanlles as zonas atrasadas, por medo a unha globalización que cuestiona valores culturais, raciais ou produtivos. En Iberia, cun norte máis industrial e avanzado e un sur máis agrícola e atrasado, os moi conservadores son fortes na zona meridional, subvencionada polo Estado e que, polo tanto, tamén teme perder recursos se cambian as regras de xogo. Chega gañou no Algarve. Aquí, Vox ten peso no centro sur, pero é pouco relevante nas tres nacionalidades históricas.
A estraña frase que moitos atoparon escandalosa foi pronunciada polo Papa Francisco nunha entrevista gravada a principios de febreiro para ser emitida o 20 de marzo. O Papa concedeu a entrevista a Rádioa Televisión Suíza (RSI) de lingua italiana, pero alguén filtrou anticipadamente as palabras do Pontífice nun episodio dedicado ao branco, a cor do ben, da luz.
Sumida nunha guerra extremadamente brutal contra a agresión rusa, Ucraína entrou no ano 2024 cun escándalo notorio. O popular cabaré “O Barrio vespertino” no seu tradicional espectáculo de Aninovo mostrou como una suposta refuxiada do territorio ocupado por Rusia, considerado predominantemente rusofalante, trataba de falar ucraíno. En lugar da fala coloquial ucraína contaminada polo ruso, que adoita escoitarse no sueste do país, os autores do bosquexo poñen en boca da refuxiada, de aspecto desagradable, palabras ucraínas equivocadas, que fan soar o seu discurso non só parvo, senón tamén obsceno.
Como avanza a Axenda 2030 en España e Galicia?
Desde o venres do 29 de decembro, Ucraína sofre os peores ataques aéreos desde o comezo da invasión rusa a gran escala. Utilízanse todo tipo de armas de ataque, incluídos drons, mísiles de cruceiro e balísticos. Cada día rexístranse decenas de mortos e centenares de feridos, destrucións en infraestruturas civís en Kíiv e outras cidades importantes. En cinco días, os rusos lanzaron uns 500 proxectís.
Trala publicación dos resultados oficiais das eleccións parlamentarias polacas que daban a vitoria á oposición pro-europea, dous meses despois, Donald Tusk consegue formar un Goberno de coalición e toma de novo o poder coma Primeiro Ministro da República de Polonia.
Na súa reunión de dous días, o consello de Europa tomou a decisión de comezar as negociacións con Ucraína (e Moldavia) sobre a súa adhesión á Unión Europea. Pódese considerar histórico por moitas razóns.
En relación a China, Portugal e España comparten importantes valores similares. Por unha banda, unha relación histórica que constitúe un sólido piar da relación bilateral. Por outra banda, China é, en ambos os casos, un socio económico destacado, tanto se nos referimos ao intercambio comercial como aos investimentos, incluídos os problemas estruturais da relación. Así mesmo, politicamente, a proximidade mantense en niveis aceptables a pesar da desfavorable situación global recente. E, en xeral, permanece unha relación bastante ben tecida que se reflicte na persistencia dunha asociación estratéxica que asegure a fluidez do diálogo e dos intercambios a todos os niveis.