Acordo de colaboración Enxeñería Sen Fronteiras – IGADI (2022)

Santiago de Compostela, 07 de novembro do 2022

MANIFESTAN

Tendo en conta que ambas entidades teñen entre as súas preocupacións comúns a defensa dos Dereitos Humanos e a promoción da cooperación internacional no marco de Nacións Unidas e actualmente da Axenda 2030.

Considerando que o fomento da comunicación e a colaboración entre ambas entidades e a diversos niveis poden contribuír a reforzar a utilidade e o interese do traballo de ambas entidades.

Valorando a importancia de institucionalizar devandita colaboración e coincidindo ambas partes na necesidade de contribuír, na medida das súas posibilidades, a estimular o interese da cidadanía galega e internacional na cooperación internacional e na defensa dos Dereitos Humanos, asínase o seguinte Acordo de colaboración.

Cláusulas:

Primeira

Establécense como obxectivos compartidos os seguintes:

a) Difusión recíproca de actividades e intercambio de artigos e publicacións que resulten de interese en liña cos intereses compartidos que manifesta o acordo.

b) Organizar e impartir cursos de formación relacionados coas temáticas de interese común.

c) Facilitar o intercambio de visitas e contactos.

d) Avaliación de posibilidades de participación conxunta en convocatorias de proxectos a nivel galego, español, europeu ou mundial.

Segunda

Nas actividades desenvolvidas ao amparo deste Acordo farase constar explicitamente a participación de ambas partes¡ cando sexa necesario.

Terceira

Crearase unha Comisión de Seguimento formada por un representante de cada unha das partes que se reunirán, como mínimo, unha vez ao ano. Cada parte designará devanditos representantes no prazo máximo dun mes á sinatura do convenio, sinalando un suplente

Cuarta

A duración do Acordo é de tres anos, e entrará en vigor a partir da data da sinatura. A rescisión do mesmo por algunha das partes efectuarase por escrito e coa antelación mínima suficiente. En calquera caso, deberase garantir a finalización das actividades en curso.

E en proba de conformidade, as dúas partes asinan o presente Acordo no lugar e data do encabezamento.