fundgalizasempre

Acordo de colaboración Fundación Galiza Sempre-IGADI (2021)

ACORDO DE COLABORACIÓN
Fundación Galiza Sempre-Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional
Reunidos en Santiago de Compostela a 15 de xaneiro de 2021.

Dunha parte, Rubén Cela, e, doutra, Danel González Palau. Recoñecéndose mutuamente a capacidade legal para asinar o presente Acordo de colaboración

MANIFESTAN

Tendo en conta que ambas entidades sinalan como unha das súas preocupacións comúns o perfil e as potencialidades globais da natureza internacional de Galicia e o estudo da súa evolución socioeconómica, política e cultural no S.XXI.
Considerando que o fomento dos intercambios entre ambas entidades e a diversos niveis poden contribuír a reforzar a utilidade e o interese do traballo en común.

Valorando a importancia de institucionalizar devanditos intercambios e coincidindo ambas partes na necesidade de contribuír, na medida das súas posibilidades, a estimular o interese polos asuntos relacionados co perfil internacional de Galicia e a súa política e paradiplomacia internacional entre a sociedade galega, as dúas partes subscriben o presente Acordo, suxeito as distintas

Cláusulas:
Primeira
Establécense como obxectivos compartidos os seguintes:
a) Promover accións de reflexión e sensibilización sobre temas relacionados co perfil global e a política internacional de Galicia, tanto en termos xerais como no marco de iniciativas concretas.
b) Facilitar a celebración de conferencias, simposios, encontros, etc, optimizando o intercambio de visitas e contactos.
c) O desenvolvemento de liñas e proxectos de investigación conxunta, así coma a participación en convocatorias de proxectos concretas.
d) Promover mecanismos que permitan unha eficaz coordinación con todos aqueles axentes (académicos, políticos, sociais, etc) que poidan estar interesados na consecución de similares obxectivos.
e) Organizar e impartir cursos de formación relacionados con estas temáticas de interese común.
f) Difusión recíproca e intercambio de artigos e publicacións que resulten de interese conforme ao actual acordo, asegurando a permanente fluidez de información entre ambas entidades.
Segunda
En todas as actividades desenvolvidas ao amparo deste Acordo farase constar explicitamente a participación de ambas partes.
Terceira
Ambas partes comprométense a procurar o financiamento adecuado para a digna realización das actividades programadas.
Cuarta
Crearase unha Comisión de Seguimento formada por un representante de cada unha das partes que se reunirán, como mínimo, unha vez ao ano. Cada parte designará devanditos representantes no prazo máximo dun mes á sinatura do convenio, sinalando un suplente
Quinta
As partes asinantes acordan que en caso de litixio, discrepancia ou reclamación que resulte da execución ou interpretación do presente Acordo, resolverase a través de consultas en pé de igualdade.
Sexta
A duración do Acordo é de tres anos, e entrará en vigor a partir da data da sinatura. A rescisión do mesmo por algunha das partes efectuarase por escrito e cunha antelación mínima de tres meses. En calquera caso, deberase garantir a finalización das actividades en curso.

E en proba de conformidade, as dúas partes asinan o presente Acordo no lugar e data do encabezamento.