Acordo marco de colaboración entre o Igadi e a Universidade de Vigo (1996)

Texto do acordo marco entre o Igadi e a UV asinado en Vigo o 2 de febreiro de 1996.

 

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional e a Universidade de Vigo

En Vigo, a 2 de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

REUNIDOS

Dunha parte, o rector da Universidade de Vigo, nomeado segundo o Decreto da Comunidade Autónoma de Galicia nº 69/1994, de 8 de abril, publicado no DOG nº 68 do 11 de abril de 1994 de acordo coas competencias que lle outorga o artigo 18 da LRG e o artigo 97 dos Estatutos, publicados no DOG nº 204 de outubro de 1993.

E doutra, Xulio Ríos Paredes, director do IGADI, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, nomeado en Asamblea Ordinaria do día 10 de setembro de 1991, segundo o procedimento indicado no artigo 10 dos seus Estatutos.

Ambas partes recoñécense entre si capacidade xurídica suficiente e poder bastante para obrigarse neste Convenio e, a tal efecto

EXPOÑEN

Que ámbalas entidades consideran de interese común promove-la a cooperación para o desenvolvemento científico e tecnolóxico de Galicia procurando unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da nosa sociedade.

Que é o desexo de ámbalas dúas Institucións a suscripción dun Acordo Marco de Colaboración que instrumente e regule as súas relacións mediante a eventual suscripción de convenios específicos.

Por isto, ambas partes acordan suscribí-lo presente Acordo Marco de Colaboración, de acordo coas seguintes

CLÁUSULAS

PRIMERA

O obxecto do presente convenio consiste en regula-la colaboración entre a Universidade de Vigo e o IGADI.


SEGUNDA

O propósito deste convenio é realizar actividades e proxectos en forma conxunta en todo tipo de asuntos que resulten de interese para as institucións que representan entre as cales, en forma enunciativa pero non limitada, menciónanse as seguintes:

  1. Desenvolvemento de proxectos de investigación
  2. Organización e realización de todo tipo de actividades académicas, tales como: cursos, conferencias, simposios, seminarios ou clases
  3. Apoio a investigadores e estudiantes.
  4. Intercambio de publicacións, traballos de investigación e de calquera tipo de materiais académicos que resulten de interese.
  5. Intercambio e colaboración en todo tipo de proxectos culturais de interese común.
  6. Prácticas de estudiantes dos últimos cursos.
  7. Realización de actividades deportivas ,cesión de instalacións e colaboración na creación de infraestructuras deportivas.
  8. Fomento da construcción de residencias universitarias.
  9. Colaboración en materias urbanísticas e de transporte relativas ós Campus Universitarios.
  10. Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo , dentro das dispoñibilidades das partes e segundo a legalidade establecida na lei 13/1995 de Maio ,de contratos das Administracións Públicas.

TERCEIRA

Cada unha das partes comprométense a non difundir baixo ningún aspecto as informacións científicas ou técnicas no desenvolvemento dos proxectos de investigación que se leven a cabo.

Os datos e informes obtidos durante a realización dos proxectos conxuntos, así como os resultados finais, terán carácter confidencial. Cando unha das partes desexe utiliza-los resultados paciais ou finais, en parte ou na súa totalidade, para a súa publicación como artigo, conferencia, etc deberá solicita-la conformidade da outra parte por escrito mediante carta certificada dirixida ó responsable da mesma no seguimento do proxecto.

Calquera que sexa o modo de difusión, respectarase sempre a mención dos autores no traballo. No caso de parentes, estes figurarán na calidade de inventores. En calquera caso, farase sempre referencia especial ó presente convenio.

CUARTA

No prazo de 30 días hábiles a partir da data de sinatura do presente Convenio Marco, constituirase unha Comisión Mixta
con representantes designados polos órganos rectores de ámbalas dúas partes en réxime de paridade. A dita Comisión será o órgano de planificación, seguimento e avaliación das accións derivadas do presente Convenio Marco e entenderá e resolverá tódalas cuestións relacionadas con el e cos convenios específicos. A Comisión Mixta reunirase sempre que o solicite unha das partes e, alomenos, unha vez ó ano elevará informes e propostas ós órganos rectores de ámbalas partes.

QUINTA

A celebración deste convenio marco non supón ningún gasto para ningunha das partes asinantes, é por iso que non precisa consignación presupostaria.

SEXTA

Cada un dos programas concretos de colaboración entre ámbalas dúas partes requirirá a elaboración dun Convenio Específico no que se determinará:

  1. Definición do obxecto que se persegue.
  2. Descrición do programa de traballo, con indicación das distintas fases do mesmo e correspondente programa.
  3. Formulación e aprobación do presuposto total, asignando, de se-lo caso, a conseguinte partida presupostaria.
  4. Relación das persoas que nel interveñen.
  5. No caso de investigacións conxuntas estableceranse as bases de entendemento para publicacións de resultados, recoñecementos de créditos a investigadores, así como a forma de rexistro e participación no relativo a dereitos da propiedade industrial e intelectual.
  6. Calquera outro aspecto que se considere relevante.

SÉPTIMA

O presente convenio empezará a produci-los seus efectos a partir data da súa sinatura, unha vez aprobado pola Xunta de Goberno segundo o artigo 77.e dos Estatutos de esta Universidade, e terá unha duración de catro anos, podendo ser renovado tacitamente de non manifestarse en contra ningunha das partes.

OITAVA

No caso de que calquera das partes decida rescindi-lo presente convenio, deberá anuncialo á outra con, alomenos, tres meses de antelación.

As partes conveñen que, non obstante o anterior, os proxectos específicos e actividades que de se-lo caso se estiveran desenvolvendo no momento de declararse a terminación do presente convenio, continuarán desenvolvéndose ata a súa total conclusión baixo as bases que orixinariamente se acordaron.

NOVENA

O incumprimento de calquera das obrigas contraídas polo presente convenio por unha das partes facultará á outra para rescindi-lo mesmo, quedando automáticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o proxecto do programa
realizado.

DÉCIMA

As partes poderán denunciar ou modifica-lo presente documento en calquera momento e de mutuo acordo.

UNDÉCIMA

Os acordos que se reflicten neste convenio e nos específicos que se asignen, terán sempre carácter administrativo e non se deriva deles, en ningún dos casos, dereitos ou obrigas de carácter laboral.

DUODÉCIMA

As cuestións litixiosas xurdidas verbo da interpretación, modificación, resolución e efectos do presente convenio serán resoltas en primeira instancia pola Comisión Mixta Paritaria, poñendo os seus acordos fin á vía administrativa, e podendo interpoñer contra os mesmos recurso contencioso-administrativo segundo o disposto na Lei Reguladora desta xurisdicción.

Para tales efectos o tribunal competente será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


E de conformidade, asínase o presente Acordo Marco en duplicado exemplar no lugar e data indicados ó comezo.




Pola Universidade de Vigo, J.A. Rodríguez Vázquez




Polo IGADI, Xulio Ríos Paredes