Convenio tipo de colaboración entre un concello e o IGADI

Texto tipo para convenios de colaboración entre os concellos e o Igadi.

Convenio de colaboración asinado polo Concello de __________ e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional

Conscientes da crecente importancia dos problemas internacionais na sociedade contemporánea.

Apostando pola necesidade de crear espacios xenuinos para comprender desde aquí, cunha visión propia, canto acontece no mundo actual e especialmente todo aquelo que máis directamente pode afectar ó futuro de Galicia e dos galegos.

Convencidos de que unha misión destas características debe ser afrontada en Galicia desde a acción conxunta da iniciativa pública e privada ata configurar unha tupida malla cooperativa xeradora de beneficios para o conxunto da sociedade.

Sabedores da imperiosa necesidade de dotarse de entidades independentes, emanadas da sociedade civil, que aporten a súa contribución para asentar en bases rigorosas, ben no plano da investigación, da información ou da cooperación, as políticas de solidariedade internacional impulsadas polas propias entidades locais.

Decididos a proxectar a realidade galega no contexto internacional.

Reunidos en _____________, no día da data, dunha banda ______________________, alcalde-presidente do Concello de _____________, e doutra, Xulio Ríos Paredes, presidente do IGADI, de común acordo prestan conformidade á asinatura do presente Convenio de colaboración que se desenvolverá de conformidade co establecido nas seguintes

CLÁUSULAS
Primeira

O Convenio ten por obxecto contribuir a garantir e perfeccionar o funcionamento do Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea, organismo dependente do IGADI co perfil e características definidas no Anexo I deste Convenio.

Segunda

O IGADI adquire os seguintes compromisos:

  • Informar puntualmente ó Concello das actividades programadas.
  • Remitir exemplares dos dossiers de actualidade que elabore.
  • Remitir o Boletín de Sumarios ó Concello, Biblioteca Municipal, Casa da Cultura e centros educativos de ensino medio e/ou superior ubicados no termo municipal.
  • Poñer os seus fondos a disposición do Concello e en especial das comunidades educativa, cultural, empresarial e asociativa establecidas no termo municipal.
  • Atender as solicitudes de información formuladas pola Corporación Municipal.
  • Incluír o nome do Concello entre as súas entidades colaboradoras.
Terceira

O Concello de ___________________ comprométese a aboar a cantidade anual de 50.000 pta (cincuenta mil) que se fará efectiva no primeiro trimestre de cada ano mediante transferencia á conta número 2080.0015.79.0040014109 da sucursal de Caixavigo en Baiona (Pontevedra).

Cuarta

O IGADI comprométese a aportar antes do 15 de novembro de cada ano xustificantes do gasto realizado e por un importe mínimo da cantidade transferida polo Concello de ___________________.

Quinta

A vixencia do presente Convenio abarca o exercicio de 199__. De común acordo poderá ser renovado nos anos seguintes.

Sexta

A publicidade de todas as actividades farase en galego.

Séptima

A entrada en vigor de todos os compromisos contemplados no presente Convenio será inmediata.


E en proba de conformidade asinamos o presente en __________, a ____ de _________ de ______.


 

________________________________

Alcalde-presidente do
Concello de _____________

________________________________

Xulio Ríos Paredes, 
Director do IGADI