Máis importante do que semella: Continuidade e innovación
O Plan 2024 centrouse en asentar as bases do IGADI do futuro, trala consolidación no 2023 do relevo xeracional iniciado no 2018. Nestes anos fomos transformando á organización, peza a peza, sen esquecer a nosa misión asociativa fundacional. Así as cousas, seguimos a construír as bases dunha política exterior para Galicia, coa presentación das nosas propostas, como sempre antes e despois das eleccións autonómicas; cos partidos, coa sociedade civil ou coas institucións.
Ademais, ao longo do ano combinamos o traballo tradicional, conducido polas nosas liñas de investigacións e publicacións, con actividades innovadoras, especificamente ligadas ao desenvolvemento de novos formatos na IGADI TV, como o Maratón de Galeguidades, Chibérica ou A Unión Europea Glocal…
A Memoria 2024 presenta os nosos pasos adiante. A paradiplomacia galega fala da identidade e das cousas de comer e de coñecer na Galicia e no mundo do S.XXI. Nun planeta que xa cambiou avanzar nunha política exterior galega é fundamental para o modelo de desenvolvemento do futuro.