Cooperación Internacional e Axenda 2030 : Liña de investigación

Como Liña de Investigación aproximámonos á Cooperación Internacional desde a historia e os fundamentos do sistema internacional deseñado por Nacións Unidas trala Declaración de Dereitos Humanos do ano 1948, así como polas novas dinámicas desenvolvidas nas últimas décadas e que cristalizan no operativo na actual Axenda 2030.

 

Desde a evolución histórica da Cooperación para o desenvolvemento aproximarémonos a procesos globais e particulares de cooperación internacional impulsadas desde organizacións internacionais, Estados, rexións ou cidades, así como axentes non estatais, onde as ONGD´s teñen un papel protagonista, aínda que tamén fundacións e empresas no  marco da Responsabilidade Social Corporativa.

 

Cómpre significar que no marco das tres décadas de traxectoria do IGADI a reflexión arredor da Cooperación Internacional é unha constante, que precipitou éxitos operativos como a creación e dinamización do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entre 1997 e o 2020.

 

Coordina: Daniel González Palau.

A triangulación da cooperación galega

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento

A perda de capacidades orzamentarias no contexto da crise representa unha gran oportunidade para que a cooperación galega poda reinventarse apostando por estratexias ata agora globalmente descoidadas. Estas permitirían a posta en valor de singularidades con potencial suficiente para converterse no seu principal sinal de identidade. 

Adrian picture 1

Moreno Cidrás

Politólogo de formación, e de variada experiencia en asuntos civís en diferentes países, quer no eido da análise de cuestións internacionais diversas coma a examen de políticas enerxéticas, macroeconómicas, de conflitos, ou electorais; quer na acción pública, como a promoción dos dereitos humanos ou levando a cabo labores de consultoría como experto en innovación financeira. …

Moreno Cidrás Ler máis »


Artigos de Moreno Cidrás, Adrián Manuel

Acordo de Samoa

Apartados xeográficos Europa
Logo dun periplo de cinco anos de negociación, a mediados do mes pasado asinouse o Acordo de Samoa, un texto xurídico de alcance global que dará cobertura xurídica durante os próximos 20 anos á cooperación da Unión Europea cos países dos bloques rexionais de Africa, o Pacífico e o Caribe, os chamados países ACP, arredor de temas coma os dereitos humanos, democracia e gobernanza, paz e seguridade, desenvolvemento humano e social, crecemento, desenvolvemento económico sostible, inclusivo e medioambiental, ademais de cambio climático, migracións e mobilidade.

Tailandia: a “conexión Thaksin”

Apartados xeográficos Asia ARQUIVO
O termómetro do pulso entre o goberno e os “camisas vermellas” en Tailandia subiu ata temperaturas elevadísimas. A cuestión ten que ver cos apoios políticos e a popularidade da facción que se levanta contra o oficialismo, que posúe un considerable respaldo. Neste pulso, a poboación da capital Bangkok amosa tamén unha marcada atomización entre os …

Moreno Cidrás Ler máis »

Crise e violencia en Tailandia

Apartados xeográficos Asia ARQUIVO
A sanguenta represión militar ameaza seriamente con radicalizar a prolongada crise política tailandesa. Tras varias semanas de paralización da normalidade na capital, Bangkok, que deu paso á declaración do “estado de emerxencia”, e en vista do fracaso (quizais intencionado) das negociacións entre o Primeiro Ministro Abhisit Vejjajiva e a oposición liderada polos denominados “camisas vermellas”, …

Moreno Cidrás Ler máis »

A pesca, un asunto estratéxico na política internacional

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Co secuestro do atuneiro Alakrana lembrouse á opinión pública que a política pesqueira tamén pertence ao ámbito das relacións exteriores e do plano internacional. Coa obrigada e visible implicación do Ministerio de Asuntos de Exteriores e do Ministerio de Defensa na xestión do problema ratificouse aínda mais esta idea. Xunto ao debate parlamentario e mediático …

Moreno Cidrás Ler máis »

Angola: os contrastes do boom petroleiro

Apartados xeográficos África ARQUIVO
  O factor petróleo fixo crecer no último ano á economía angolana un 24% do seu Producto Interior Bruto, colocándoo nos primeiros postos en canto a crecemento económico por países a nivel global. Incluso, unha investigación suxeriu que Luanda, a capital angolana, constitúe a cidade máis cara do mundo. (Foto: Vista de Luanda).   O …

Moreno Cidrás Ler máis »

Decisivas autárquicas en Mozambique

Apartados xeográficos África ARQUIVO
  Os dous principais partidos que concentran o maior apoio popular son a FRELIMO (Fronte de Liberación de Mozambique), partido no poder dende a independencia do país en 1975, liderado polo actual presidente Armando Guebuza (na foto); e a RENAMO (Resistencia Nacional Mozambicana), liderada polo seu líder histórico, Afonso Dhlakama, principal partido da oposición dende …

Moreno Cidrás Ler máis »

Mozambique, entre a Commonwealth e a CPLP

Apartados xeográficos África ARQUIVO
  Malia que a meirande parte dos Estados membros da CPLP son subdesenvolvidos, as vantaxes económicas que poden derivarse da homoxeneización lingüística (aínda non ratificada por tódolos Estados membros) e que significaría un acercamento en materias de cooperación económica pola mellora no entendemento lingüístico que pode supoñer dita ratificación, significa, de momento, un lixeiro empurrón …

Moreno Cidrás Ler máis »

Mozambique: moito por desenvolver

Apartados xeográficos ARQUIVO África
  Un aspecto esencial para calibrar o desenvolvemento económico de Mozambique está cifrado na súa localización xeográfica. Situado no África Austral, limítrofe con Zambia no noroeste, Cimbabue no oeste, Sudáfrica ao sur e Tanzania ao norte, Mozambique posúe unha enorme costa cara o Océano Índico que podería favorecer o seu intercambio comercial por vía marítima. …

Moreno Cidrás Ler máis »

Angola cara a normalización democrática

Apartados xeográficos África ARQUIVO
  Diferentes organizacións acusaron ao goberno do MPLA de irregularidades no proceso electoral. Por exemplo, criticouse o anuncio do goberno da posibilidade de ampliar a dous días a xornada de votación (5 e 6 de setembro), alegando que moitos partidos non dispoñen de medios para vixiar as urnas na noite entre eses dous días, alentando …

Moreno Cidrás Ler máis »

daniel

González Palau

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre …

González Palau Ler máis »


Artigos de González Palau, Daniel

“Eventos como a pandemia da Covid-19 demonstram quão urgente é a transição para modelos económicos, sociais e ambientais sustentáveis e que respondam às necessidades humanas”

Milton Jorge Monteiro dos Santos, de nacionalidade cabo verdiana, é natural de São Francisco, Cidade da Praia. É licenciado em Geografia e ordenamento do território pela Universidade de Cabo Verde. Atualmente residente em Santiago de Compostela e estudante do Mestrado de Planeamento e Gestão territorial pela Universidade de Santiago de Compostela. No 2023 apresentou o trabalho “Atitude dos residentes face ao desenvolvimento do turismo rural em Ribeira de Principal, Calheta São Miguel e em Padrón, Galiza-Espanha: Uma análise comparativa”.

O Observatorio Galego da Lusofonia (2008-2023): Acento na língua para uma historia do S.XXI

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
O IGADI nasceu no 1991 como um think tank de relações internacionais comprometido com o desenvolvimento da Autonomia galega e a sua ação exterior. A história do IGADI caracterizou-se por combinar a lealdade às instituições com os compromissos da nossa missão associativa. A rota da Autonomia da Galiza ao mundo internacional de língua oficial portuguesa tem muitos caminhos desde a aprovação do Estatuto galego no 1981, mas teve no IGADI um dos seus promotores com resultados concretos.
Facundo Reyna Muniaín

"Hoxe en día, grazas a Internet, existen ferramentas que facilitan o contacto entre Galicia e a súa diáspora"

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Facundo Reyna-Muniain (1979), estudou Letras na Universidade de Bos Aires (UBA), para posteriormente licenciarse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela (USC) onde logo cursou o Máster en Estudos da Literatura e da Cultura. Doutorouse en Lingüística Iberorrománica pola Universidade de Bremen (Alemaña) coa tese “Lingua e identidade no contexto da diáspora, a lingua galega en Bos Aires”. As súas principais liñas de investigación son: plurilingüismo, estudos da diáspora, política lingüística familiar, sociolingüística e glotopolítica. Foi profesor visitante na Euskal Herriko Unibersitatea (EHU), Universidade de Salamanca (USAL), Europa Universität Flensburg (EUF), Universidade do Salvador (USAL) e Universidade de Bos Aires (UBA), entre outras universidades. Actualmente é investigador do Instituto da Lingua Galega e o European Centre for Minority Issues (ECMI).

Lula e Galicia na construción da lusofonía

No estudo“La Lusofonía impulsada por Brasil: un análisis de los procesos de regionalización en el corredor de Nacala 2010-2016” (2018, Lucía Viceconte, IUDC-UCM) a autora fundamenta ao longo da obra que os gobernos de Lula da Silva e Dilma Roussef autoconstruíron a Lusofonía como ferramenta de poder brando do Brasil no escenario internacional do S.XXI. …

González Palau Ler máis »

IGADI Annual Report 2022-2023: Globalización e multipolaridade en tempos de Guerra

Globalización e multipolaridade en tempos de Guerra

Liñas de investigación Relacións Internacionais
No 2022 titulamos o IGADI Annual Report (IAR) «Desorde pandémica, interdependencias e guerra» co eco dos últimos latigazos da pandemia e baixo o impacto do inicio da invasión Rusia da Ucraína. Logo dun espellismo inicial arredor dunha vitoria rusa fugaz, a guerra lóstrego cambiou de natureza e avanzou entre unha guerra tradicional e unha guerra marcada, entre moitas outras cuestións, polas innovacións tecnolóxicas en todos os ámbitos, do estritamente militar, ao comunicativo ou económico...

Que foi dos ODM?

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento

Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) foron fixados pola ONU en 1990 e sinalan metas concretas que deberían acadarse en 2015. Preto da finalización do prazo, ¿hai avances? A porcentaxe de persoas que viven en situación de pobreza extrema diminuíu ao 26 por cento, o que supón ter pasado de 1.900 a 1.400 millóns …

Que foi dos ODM? Ler máis »

As mulleres resultamos clave para a construción dun novo mundo

No día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, celebramos a loita das mulleres pola igualdade e equidade de xénero, para contribuírmos tamén ao desenvolvemento social, político e económico dende a nosa propia perspectiva feminina, que completa e enriquece á masculina imperante, e que tende a potenciar a xustiza e a paz.

Seguridade alimentaria

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento

A produción mundial de alimentos aproximase aos dous mil millóns de toneladas ao ano. Case a metade dese volume provén dos países desenvolvidos. A poboación, mentres, aumenta un 1,3 por cento anual por termo medio e boa parte do crecemento demográfico rexistrase nas nacións en vías de desenvolvemento. Este incremento desequilibrado leva aparellado un desequilibrio …

Seguridade alimentaria Ler máis »

Milenios de pobreza

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento

O mundo atópase no tramo final cara 2015, prazo establecido para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento das Nacións Unidas para o Milenio, adoptados no Cumio de 2000. Os desafíos son coñecidos. Os compromisos asumidos polos gobernos de todo o mundo inclúen reducións da pobreza, a fame, as infeccións de VIH e malaria e a …

Milenios de pobreza Ler máis »

Ese esforzo orzamentario veu acompañado de medidas indispensables de clarificación e boas prácticas que aumentan o rigor e o control das accións, aínda que a veces resentíndose da inadecuación da práctica administrativa a unha actuación que se desenvolve noutros tempos. Todo iso debe redundar nunha substancial elevación da achega, cuantitativa e cualitativa, de Galicia á loita contra a pobreza no mundo, que ese é, non o perdamos de vista, a esencia da cooperación ao desenvolvemento. (Foto: Mapa de Actuacións segundo o Informe 2006 de Cooperación Galega).

A nova cooperación ao desenvolvemento

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento

Tíñao ben fácil o bipartito para facer notar o cambio no ámbito das políticas de cooperación internacional ao desenvolvemento. Era tan pouco o que había e tan evidente o seu compromiso coa mudanza que por forza habíase notar. Nos dous anos transcorridos, o incremento dos recursos mantense a bo ritmo, aínda que lixeiramente por baixo …

A nova cooperación ao desenvolvemento Ler máis »

galicia europa mundo cooperacion010367

Galicia e a cooperación internacional ao desenvolvemento

  O mellor que se pode dicir do momento actual da cooperación en Galicia é que está a atravesar un período de transición no que se quere definir o salto de calidade que vai dende un modelo de cooperación rudimentario e desarticulado cara a un modelo sofisticado e programado. Un momento polo tanto que está …

Galicia e a cooperación internacional ao desenvolvemento Ler máis »