Economía : Liña de investigación

Galicia como suxeito económico precisaría reformular a súa estratexia no ámbito económico internacional co fin de facer fronte aos retos que se aveciñan. É por iso que desde o IGADI se crea a presente Liña de Investigación en Economía, unha liña que teño a responsabilidade e o pracer coordinar e que pretende reflexionar a través das achegas de diferentes autores de referencia sobre a actividade económica galega en relación co mundo e viceversa.
Coordina: Diego Sande Veiga

CEG1

“A diversificación das exportacións, o investimento en innovación e tecnoloxía, e a promoción da marca Galicia, as chaves para a internacionalización das empresas galegas”

Liñas de investigación Paradiplomacia Economía

Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa é doutor en C.C. Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Acumula 43 anos de experiencia no sector de conservación de produtos da pesca e da acuicultura. Entre os cargos máis destacables que desempeñou figuran o de presidente da Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia (ATIGA), presidente de EUROTHON – organización europea que agrupa a toda a industria atunera comunitaria a nivel tanto de frota como de transformación – é membro do Consello de Administración da Asociación de Industrias da Pesca da UE (AIPCE), entre outros.

Xuntanza Igadi compostela

Reunímonos co Concello de Santiago: Da promoción turística á acción exterior na capital de Galicia?

Poucas cidades teñen a proxección internacional tan intensa como a de Santiago de Compostela, unha proxección que non diminue co paso do tempo e que vai máis aló do seu papel “tractor” no mundo do Turismo da man dos Camiños a Santiago. A súa condición de sede universitaria, das institucións do país ou a puxante oferta cultural e empresarial, converten a Compostela nun lugar clave da proxección global de Galicia…

A dualidade dixitalización-medio ambiente

Liñas de investigación Economía

Denomínase como contaminación dixital ás emisións de carbono resultantes da actividade dixital. Estas produciríanse por múltiples motivos: desde o consumo dos centros de datos, ata a transmisión dos propios datos, ou o dos dispositivos que manexamos diario. Calcúlase que o emprego anual mundial de internet consume arredor de 416,2 TWh (o teravatio-hora equivale a un billón de vatios-hora), un consumo eléctrico superior ao de países como o Reino Unido.