Noticias

As novas dan conta das actividades máis destacadas do IGADI, como o lanzamentos das nosas publicacións, o inicio dalgún proxecto, a participación nalgunha actividade concreta, etc.

IGADI Curso As Nacions Unidas no mundo do seculo XXI 3a Edicion xeral

Nacións Unidas, China e o futuro da gobernanza mundial no Plan 2026 do Campus Industrial de Ferrol e o IGADI

As actividades a desenvolver durante o mes de outubro do 2026 nacen do Convenio asinado no 2022 entre a Universidade da Coruña e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). O Plan 2026 da continuidade ao traballo para conectar o Campus Industrial de Ferrol a Asia e a China, así como para achegar valor específico ao Grao en Relacións Internacionais que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación dende o curso 2022/2023.

Nacións Unidas, China e o futuro da gobernanza mundial no Plan 2026 do Campus Industrial de Ferrol e o IGADI Ler máis »

opch estudios chinos iberoamerica

Presentamos “Os estudos chinos en Iberoamérica no século XXI” o próximo 15 de xullo

A publicación reúne as achegas de especialistas de distintos países iberoamericanos para analizar a evolución e as perspectivas da investigación sobre China na rexión, así como as posibilidades de triangulación entre América Latina, China e Europa. A edición da obra foi coordinada por Raquel Isamara León de la Rosa, directora do Observatorio da Política Chinesa, e Xulio Ríos, presidente de honra do IGADI e asesor emérito do Observatorio da Política Chinesa.

Presentamos “Os estudos chinos en Iberoamérica no século XXI” o próximo 15 de xullo Ler máis »

España-China — Asociación estratégica para el conocimiento mutuo

O IGADI-Observatorio de la Política China lanza un informe estratéxico para mellorar o coñecemento mutuo entre España e China

A nova publicación, que sae a luz nun momento doce da historia das relacións sino-españolas, analiza a crecente importancia das comunidades autónomas, cidades, universidades e a sociedade civil nas relacións coa China.

O IGADI-Observatorio de la Política China lanza un informe estratéxico para mellorar o coñecemento mutuo entre España e China Ler máis »

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Cal é o estado do planeta? Xa dispoñible o IGADI Annual Report 25-26

A 19º edición do anuario de relacións internacionais e política global do IGADI, perfila as principais dinámicas da sociedade internacional durante o 2025 así como as perspectivas dos acontecementos en curso no 2026. Marcado pola Presidencia do Donald Trump 2.0 e a erosión total do sistema de normas occidentais polo seu arquitecto principal, os Estados Unidos de América, a gobernanza global profundiza na inestabilidade.

Cal é o estado do planeta? Xa dispoñible o IGADI Annual Report 25-26 Ler máis »

foro esp chn 2024 6

Comeza o proxecto “España-China: Asociación Estratéxica para o Coñecemento Mutuo”

O IGADI pon en marcha unha iniciativa de investigación, divulgación e diplomacia pública arredor da Asociación Estratéxica Integral entre España e China. O proxecto realízase grazas ao financiamento da Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e Globais, no marco da convocatoria de proxectos 2025 de Prioridades da Política Exterior Española.

Comeza o proxecto “España-China: Asociación Estratéxica para o Coñecemento Mutuo” Ler máis »

pt Visita CCCM Galicia 1 1

Visita do Centro Científico e Cultural de Macau a Galicia: unha semana de diálogo e cooperación con Portugal e a lusofonía pensando en China

Do 27 ao 31 de outubro de 2025, unha delegación do Centro Científico e Cultural de Macau (CCCM) desenvolverá unha intensa axenda de traballo en diferentes cidades galegas —Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo— para fortalecer os lazos institucionais, académicos, económicos e culturais entre a Galicia e Portugal. As actividades enmárcanse dentro dun proxecto de mobilidades do Erasmus+. Colaboran desinteresadamente coas actividades ducias de persoas e entidades de Galicia.

Visita do Centro Científico e Cultural de Macau a Galicia: unha semana de diálogo e cooperación con Portugal e a lusofonía pensando en China Ler máis »