Observatorio de la Política China : Liña de investigación

Observatorio de Política China

opch logo

75-74

O ano que agora comeza ofrécenos unha importante efeméride político-simbólica. A segunda metade do século XX estivo moi amplamente condicionada polo enfrontamento sino-soviético, establecido como un dos eixes recoñecibles do sistema internacional. A URSS disolveuse en 1991, tras 74 anos de existencia. En 2024, a República Popular da China cumprirá 75 anos.

CdP 2023.12.b

De Prado

O doutor César de Prado realizou un mestrado en Economía e Xestión de Empresas Internacionais pola Universidade Autónoma de Madrid, e en 2002 doutorouse en política económica global, cunha tese sobre estándares tecnolóxicos, polo Instituto Universitario Europeo de Florencia (Italia). Posteriormente investigou e ensinou en universidades de Suecia, Xapón, España, Macau, China e Taiwán. Actualmente …

De Prado Ler máis »

chiberica 1

Chibérica: Portugal e España perante a China

En relación a China, Portugal e España comparten importantes valores similares. Por unha banda, unha relación histórica que constitúe un sólido piar da relación bilateral. Por outra banda, China é, en ambos os casos, un socio económico destacado, tanto se nos referimos ao intercambio comercial como aos investimentos, incluídos os problemas estruturais da relación. Así mesmo, politicamente, a proximidade mantense en niveis aceptables a pesar da desfavorable situación global recente. E, en xeral, permanece unha relación bastante ben tecida que se reflicte na persistencia dunha asociación estratéxica que asegure a fluidez do diálogo e dos intercambios a todos os niveis.

President Biden meeting with President Xi 2023

Todo fume en San Francisco?

Os presidentes Joe Biden e Xi Jinping protagonizaron un desexo compartido de certo sosego en San Francisco, á marxe do cume da APEC. Así quedou reflectido no ton dos seus encontros e na afabilidade xeral das conversas mantidas. Tamén houbo acordos sobre a loita contra os estupefacientes (fentanilo) ou o restablecemento do diálogo ao máis alto nivel en materia de defensa. A comunicación directa entre as máximas autoridades das dúas economías máis grandes do mundo ofrece garantías engadidas á estabilización das relacións tras episodios convulsos recentes como o do suposto globo espía chinés ou a visita de Nancy Pelosi a Taiwán.

Cartel do proxecto desenvolvido no ano 2020 polo IGADI, co apoio da Xunta de Galicia

Intercambios culturais e educativos entre China e Galicia

No marco do 50 aniversario das relacións diplomáticas entre China e España, o pasado 28 de outubro de 2023 impartín unha conferencia titulada “Intercambios culturais e educativos entre China e Galicia” no Salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, organizada pola Facultade de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Escola Oficial de Idiomas da Coruña e a Asociación de Novos Empresarios de Galicia.

Xi Jinping reuniuse en Riad o 9 de decembro do 2022 co presidente palestino, Mahmoud Abbas. Foto: Xinhua

Las credenciales chinas como árbitro de paz en Gaza

China busca erigirse en gran árbitro de paz en el conflicto de Gaza. En palabras de Xi Jinping es necesario encontrar una solución “duradera, justa e integral” a dicho enfrentamiento y a la histórica confrontación entre israelíes y palestinos. Ello se enmarca dentro de sus iniciativas de “Seguridad Global” y de “Civilización Global”, las cuales persiguen definir un orden internacional post-Occidental, alejado de los parámetros estadounidenses.