Observatorio Galego da Lusofonía : Liña de investigación

OGALUS: Observatorio Galego da lusofonía
OGALUS: Observatorio Galego da lusofonía

OGALUSObservatório Galego da Lusofonía é uma iniciativa do IGADI desde 2008 que tem como missão essencial manter uma atenção constante aos países e regiões de língua oficial portuguesa, de forma a promover o maior aproveitamento possível da afinidade linguística que a Galiza tem com estes territórios, além das sinergias nos diversos setores e os reflexos da lei Valentín Paz Andrade e a recente adesão da Espanha à CPLP.

Coordenador: Daniel González Palau

Oportunidades para Galicia no Cumio bilateral España-Brasil

Entre os días 15 e 16 de Novembro tivo lugar na cidade de Cádiz o XXII Cumio Iberoamericano. O principal tema de debate foi a actual situación económica mundial e o principal obxectivo, a busca de fórmulas conxuntas de actuación para saír da crise. Con ese ánimo apelouse á necesidade de empregar fórmulas de crecemento […]

Oportunidades para Galicia no Cumio bilateral España-Brasil Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio Galego da Lusofonía
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

Achegamento entre Portugal e Brasil: unha oportunidade para Galicia?

Ao longo da historia, as relacións entre Portugal e Brasil non teñen sido todo o fluídas que cabería esperar tendo en conta a súa proximidade cultural. Isto débese, en grande medida aínda que non só, aos estereotipos creados sobre os emigrantes portugueses en Brasil durante finais do século XIX e principios do século XX.

Achegamento entre Portugal e Brasil: unha oportunidade para Galicia? Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio Galego da Lusofonía
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

A lingua galega, un valioso instrumento de política exterior

Por todos é coñecido que Galiza posúe un amplo e consolidado conxunto de especificidades de carácter identitario, histórico, social e mesmo cultural que lle confiren unha posición privilexiada á hora de presentarse perante a sociedade internacional. E unha delas, senón a máis poderosa en materia de acción exterior, sería a nosa lingua, o galego.

A lingua galega, un valioso instrumento de política exterior Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio Galego da Lusofonía
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

Brasil 2012: Gañadores e perdedores nas eleccións municipais

No mes de Outubro celebráronse as eleccións municipais en Brasil. A primeira volta tivo lugar o día 7, e a segunda, determinante para os concellos de máis de 200.000 habitantes, o pasado día 28. O interese destes comicios é maiúsculo debido a que os partidos que consigan o maior número de alcaldías, ou polo menos

Brasil 2012: Gañadores e perdedores nas eleccións municipais Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio Galego da Lusofonía
Apartados xeográficos Latinoamérica
Dilma Roussef (á esquerda) durante o IV Cumio do Grupo BRICS celebrado en Nova Delhi en marzo de 2012. Na foto aparecen xunto a ela, de esquerda a dereita, o ex presidente ruso Dmtri Medveded, o presidente indio Manmohan Singh, o presidente chinés Hu Jintao e o mandatario sudafricano Jacob Zuma.

As bases e perspectivas da Política Exterior brasileira

Actualmente Brasil está a acadar un protagonismo indiscutible nas relacións exteriores españolas e galegas. Foi o propio Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia, o que destacou que este país é un referente estratéxico para Galicia, un aspecto que é razoable se temos en conta que Brasil é, na actualidade, a 6ª economía mundial.

As bases e perspectivas da Política Exterior brasileira Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio Galego da Lusofonía
Apartados xeográficos Latinoamérica
daniel

González Palau

Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Foi Director do IGADI entre 2017 e 2026. Actualmente é Director adxunto do Observatorio de la Política China e coordenador

González Palau Ler máis »


Artigos de González Palau, Daniel

Presentación Informe Nós No Mundo 2024-2025: E agora que?

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Se nas últimas edicións do Informe Nós No Mundo puxemos o acento na necesidade de activar a Lei de Acción Exterior de Galicia, publicada no DOG no 2021, este ano centramos o foco na nova Estratexia Galega de Acción Exterior 2025-2029. Despois de catro anos de preparación pública, oficializouse en marzo do 2025, sendo o primeiro marco estratéxico da nosa Acción Exterior trala aprobación da Lei no 2021.

Xornada "Acción Exterior galega: lusofonía" 24 de novembro no Campus de Ourense-Universidade de Vigo

A Facultade de Relacións Internacionais da UVigo organiza o 24 de novembro, ás 16:00, no Salón de Graos do Edificio Xurídico-Empresarial do Campus de Ourense, unha xornada dedicada ao papel da lusofonía na acción exterior galega. Participarán Xosé Lago, subdirector de Acción Exterior da Xunta; Daniel González Palau, director do IGADI; e Burghard Baltrusch, director

As Benfaladas: 30 anos despois da IV Conferencia Mundial das Mulleres de Nacións Unidas en Beijing

María Xosé Porteiro presentou a finais do ano 2024 o seu último ensaio, As Benfaladas, publicado pola Editorial Galaxia dentro da colección de Feminismos. O libro, de 288 páxinas, destaca pola súa edición coidada, cun formato flexible, capa e contracapa brandas e unha gramaxe cómoda que facilita tanto a lectura como o traballo pormenorizado co texto.

Entrevista a Daniel González Palau no Global Times “A Iniciativa de Gobernanza Global defende un novo modelo, que busca no seu núcleo a eficacia e a inclusión”

Nota do editor: Co sistema de gobernanza global afrontando déficits de representación, autoridade e eficacia, a Iniciativa de Gobernanza Global proposta por China (IGG) ofrece un enfoque oriental para facer fronte aos desafíos do noso tempo. Responde ao chamamento da comunidade internacional a favor dun sistema de gobernanza global máis xusto e equitativo, e ten acadado unha ampla resonancia en todo o mundo. Daniel González Palau (Palau), director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, compartiu a súa comprensión da iniciativa e das súas implicacións para a gobernanza global co xornalista do Global Times Zhang Ao.

“Galego por diante, a camisola do verán”. Entrevista con Enrique Sáez, Presidente da asociación DGAP-Do Galego ao Portugués

Enrique Sáez é licenciado en Económicas e Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), cursando posteriormente un MBA polo IESE de Barcelona. Traballou durante trinta anos no Banco Pastor, onde desenvolveu distintas funcións, desde traballo de márketing, ao proceso de expansión internacional até a Dirección do banco.

Distopías futuristas: Tecnofeudalismo, intelixencia artificial e singularidade

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O concepto de tecnofeudalismo gañou forza durante o 2024, froito da obra de Yanis Varoufakis do mesmo título, inspirado, entre moitas outras, por pensadoras como Shoshana Zuboff, Cedric Durand ou Evgeny Morozov, que ofrecen unha nova perspectiva sobre a transformación do capitalismo actual. O termo reflicte, a grandes trazos, a reconfiguración das dinámicas de poder e das estruturas sociais e económicas no contexto da era dixital, onde as grandes corporacións tecnolóxicas desempeñan, no máximo da metáfora, un papel semellante ao dos señores feudais do ancién regime.

Trump 2.0: Entrevista a Roberto Montoya sobre o lanzamento do seu novo libro

Apartados xeográficos Estados Unidos
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Roberto Montoya é xornalista e escritor especializado en relacións internacionais e xeopolítica. É colaborador do IGADI desde hai décadas. Nado en Arxentina, exiliouse na década dos setenta en Europa tras sufrir cárcere e tortura no seu país. Traballou en Radio Exterior de España, nas revistas La Calle, Triunfo, Argumentos, Noticias Obreras, El Viejo Topo, Tiempo, Le Monde Diplomatique, no diario Liberación, e foi correspondente en Londres de 1983 a 1987 da cadea Univision TV dos EUA. De 1989 a 1991 foi xefe de Internacional de El Independiente, ata o seu peche, e despois tamén xefe de internacional de El Mundo, entre 1992 e 2009, diario do que foi también correspondente en Roma e París. É coautor de libros como Los Terratenientes (1970) e El caso Pinochet y la impunidad en América Latina (2000), e autor de El imperio global (2003), La impunidad imperial (2005) e Drones (2014), publicado tamén por Akal. Ademais, é membro do Consello Asesor da revista Viento Sur e colabora con El Salto e con Público.

Trump 2.0: Entrevista a Roberto Montoya sobre el lanzamiento de su nuevo libro

Apartados xeográficos Estados Unidos
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Roberto Montoya es periodista y escritor especializado en relaciones internacionales y geopolítica. Es colaborador del IGADI desde hace décadas. Nacido en Argentina, se exilió en Europa en los años setenta tras sufrir encarcelamiento y torturas en su país. Trabajó en Radio Exterior de España, en las revistas La Calle, Triunfo, Argumentos, Noticias Obreras, El Viejo Topo, Tiempo, Le Monde Diplomatique, en el diario Liberation, y fue corresponsal en Londres de 1983 a 1987 de la cadena Univision TV en Estados Unidos. De 1989 a 1991 fue jefe de Internacional de El Independiente, hasta su cierre, y luego también jefe de Internacional de El Mundo, entre 1992 y 2009, diario del que también fue corresponsal en Roma y París. Es coautor de libros como Los Terratenientes (1970) y El caso Pinochet y la impunidad en América Latina (2000), y autor de El imperio global (2003), La impunidad imperial (2005) y Drones (2014), también publicados por Akal. Además, es miembro del Consejo Asesor de la revista Viento Sur y colabora con El Salto y Público.
20070102 brasilia ivan ramalho

Os desafios do mundo sino-lusófono em tempos de crise

  O secretário executivo do MIDIC, Ivan Ramalho (no quadro), sinalizou em 2007 que o Brasil estuda, a pedido do governo chinês, a possibilidade de regulamentar o status de mercado de alguns setores chineses que exportam para o mercado brasileiro. Tudo indica, entretanto, que não há clima para o governo brasileiro concluir definitivamente este tema

Os desafios do mundo sino-lusófono em tempos de crise Ler máis »