O 29 de outubro chega a 3ª edición das Xornadas “Ferrol no mundo do século XXI: Galicia e China no diálogo Oriente-Occidente”
As Xornadas concebíronse no marco do Convenio entre a Universidade da Coruña e o IGADI e os Plans anuais de traballo co Campus Industrial de Ferrol. A iniciativa ten o apoio tamén de Casa Asia (consorcio público liderado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación de España). Desenvolveranse no Salón de Graos da Facultade de Humanidades o mércores 29 de outubro entre as 16:30 e as 20h.










