Paradiplomacia : Liña de investigación

A Liña de Investigación en Paradiplomacia do IGADI achégase desde 1991 ao proceso mundial e acelerado de participación nas relacións internacionais tanto de institucións subestatais (cidades, rexións, provincias…) como de actores non estatais (ongd, empresas, movementos cívicos…).

Daremos seguimento e análise ás distintas expresións da paradiplomacia mundial, un fenómeno en expansión desde hai décadas pero aínda recente e cun marco teórico e operativo en desenvolvemento. Desta maneira achegarémonos tanto a procesos globais como a procesos concretos de internacionalización política e cidadá, nutríndonos da experiencia histórica do IGADI na materia, atendendo así tanto ás expresións públicas como privadas do mesmo.

Cómpre subliñar que o IGADI tense caracterizado desde a súa fundación no 1991 por ter un papel activo e dinamizador da propia paradiplomacia e acción exterior de Galicia motivo polo que actualmente fai parte como entidade experta do Consello de Acción Exterior da Xunta de Galicia.

Coordina: Daniel González Palau

IGADI ANAGRAMA

O IGADI lidera dous proxectos financiados polo Ministerio de Exteriores que reforzan o seu perfil internacional e o compromiso coa Acción Exterior de Galicia

Os proxectos “O papel da muller no mundo actual: A Política Exterior Feminista e a Cimeira do Futuro” e “España na CPLP: un novo horizonte para o multilateralismo” aliñéanse coas prioridades da política exterior española e a Acción Exterior de Galicia. Fináncianse grazas ás convocatorias de proxectos da Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e Globais.

Nós no Mundo 2024

O papel da diáspora galega como axente de desenvolvemento e modernización da economía

A diáspora galega, composta por máis de medio millón de persoas no exterior, constitúe un fenómeno que evolucionou significativamente desde os grandes fluxos migratorios do século XIX e principios do XX ata a actualidade. Esta poboación, repartida principalmente entre América e Europa, foi clave na historia económica e social de Galicia. Hoxe, fronte aos desafíos da globalización e a modernización económica, a diáspora preséntase como un activo estratéxico de gran potencial.

Nós no Mundo 2024

Os Lisboanos na agenda galega em/para Portugal

Parece ponto assente na Galiza o potencial relacional das históricas redes que os galegos e as galegas foram construindo ao longo dos séculos nos quatro cantos do mundo. Com efeito, as redes de variado tipo que o fenómeno migratório galego teceu em diferentes territórios pelo mundo fora funcionaram, no seu momento e também agora, como plataforma propícia para promoção de intercâmbios sociais, económicos e até simbólicos para a Galiza atual.

roi o vila 1

P. Vila

É consultor político freelance especializado en análise política, datos e comunicación. Cun grao en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e un MSc en Política Europea pola London School of Economics and Political Science (LSE), conta con máis de dez anos de experiencia en consultoría política, intelixencia competitiva, análise de reputación e estratexia …

P. Vila Ler máis »


Artigos de P. Vila, Roi

Moldavia orientando o seu destino. Imaxe creada por IA polo autor.

Foco en Moldavia (II) O camiño cara a UE: retos e riscos

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
O proceso de adhesión de Moldavia – mais tamén de Ucraína - afondan nun cambio significativo no enfoque da UE, que está a pasar dunha integración centrada no mercado, na economía e en procesos de democratización internos, a unha vontade explícita – mesmo por parte da presidenta da CE - de contrarrestar a influencia de Rusia e reforzarse como un polo de poder no contexto internacional que transcende o plano económico ou de valores ilustrados empregado até agora.
Moldavia orientando o seu destino. Imaxe creada por IA

Foco en Moldavia (I) Antencedentes e contexto

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
A recente vitoria electoral de Maia Sandu en Moldavia, acompañada dun referendo sobre a adhesión á UE, marca un momento crucial para o país e para Europa. Situada entre as ambicións da Unión Europea e a influencia rusa, Moldavia enfronta un camiño complexo, onde o respaldo europeo representa desafíos tanto para a Unión como para o país do leste. Este contexto de transición implica de cheo á UE nun taboleiro xeopolítico complexo e marca un punto de inflexión respecto a procesos de expansión anteriores.
Nós no Mundo 2024

A emigração galega ao Brasil e os efeitos da aculturação no ano 2024

Nas duas últimas décadas, o número de galegos residentes no Brasil não tem parado de crescer. No ano 2005, segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE, 2005), para as eleições ao Parlamento da Galiza de 19 de junho havia no Brasil 25.208 galegos residentes com direito a voto. Para essas mesmas eleições, em fevereiro 2024 o número tinha aumentado a 45.391 (INE, 2024), ou seja, um aumento de quase 80%, fazendo do Brasil o terceiro país com mais galegos sob a classificação de residentes ausentes, atrás da Argentina e de Cuba.

Fonte: Galipedia

A lousa galega, medio século conquistando os mercados internacionais

En poucos sectores coma o da extracción de lousa natural ten Galicia unha posición tan forte nos mercados exteriores. Aquí, nomeadamente nas comarcas de Valdeorras e Quiroga, xunto coa veciña do Bierzo, atópanse as maiores reservas mundiais desta rocha (estimadas como mínimo para 75 anos) sendo exportado na súa maior parte, sobre todo a Francia, Reino Unido, Alemaña e Bélxica, pero tamén a outros 60 países. Os datos son ben expresivos: a lousa galaico-berciana supón o 90% da produción estatal e case o 50% da comercializada en todo o mundo.

A Republica dos Sonhos 2024

Galicia tece pontes co mundo e coa lusofonía a través do Convenio 2024 entre a Deputación de Pontevedra e o IGADI

A Deputación de Pontevedra e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) veñen de poñer en marcha o proxecto “Tecer pontes co mundo, construír pontes coa lusofonía”. Enmarcado no convenio de colaboración Deputación de Pontevedra-IGADI 2024, o proxecto aposta por proxectar a identidade galega a nivel global, cunha especial atención á conexión co universo lusófono e as relacións Galicia-Portugal.

Monumento a Xulio Verne en Vigo. Fonte: Wikipedia

Abraiante Galicia X: Vigo, a batalla de Rande e Jules Verne

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

Como parte dos meus estudos en Xeomorfoloxía costeira aprendín que as rías son cordilleiras perpendiculares á costa que, ao se somerxeren no mar, fan que este ocupe os seus vales de orixe fluvial –a diferenza dos fiordos de orixe glaciar–, sendo o exemplo típico nos libros de texto as costas de Galicia. Vivindo en Galicia descubrín non só que as cordilleiras non son tan perpendiculares á costa, senón que os seus vales asolagados son grandes corpos de auga que dan abrigo a portos, escolas de náutica e outros deportes acuáticos, actividades económicas moi rendibles –como o cultivo de mexillóns– e as inesquecibles tardes de verán de sol, praia, familia, amigos e xogos.

ueglocal english

Libro-Monografía final “A Unión Europea desde unha perspectiva Glocal”

Como resultado final do Ciclo de Conferencias “A Unión Europea dende unha perspectiva Glocal” con formato de programa de televisión por internet, así como das conclusións do Grupo multitemático que lle deu forma, presentamos un Libro-Monografía baixo o mesmo título, que podedes descarregar desde esta ligazón en galego, inglés ou castelán. Con estas actividades concluen o proxecto “Falamos de Europa desde …

Libro-Monografía final “A Unión Europea desde unha perspectiva Glocal” Ler máis »