Rede IGADI

Rede IGADI Galiza Mundo

santiago igadi

Guerra Fernández

É musicólogo, profesor de música e investigador no ámbito das relacións internacionais. Conta cun mestrado en Musicoloxía e actualmente cursa outro en Relacións Internacionais na Universidade de Utrecht. A súa investigación céntrase na diplomacia cultural e nas relacións entre España e a Unión Soviética. Na súa tese de mestrado analiza o impacto da Guerra Civil […]

Guerra Fernández Ler máis »


Artigos de Guerra Fernández, Santiago

Dmitri Shostakovich. Fonte: Wikimedia

Música e Política Internacional IV: Shostakovich, a Guerra Civil Española e os nenos de Rusia

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Na entrega anterior desta serie explorabamos a traxectoria transnacional da canción revolucionaria A Varsoviana e o seu impacto no movemento obreiro europeo, incluídos os anarquistas da CNT durante a Segunda República Española. A través desa pegada musical chegamos agora a un novo escenario: a Guerra Civil Española (1936–1939), un conflito que non só dividiu o país en dous, senón que mobilizou ideoloxicamente boa parte de Europa. Para a Unión Soviética, aliada directa da República, aquel episodio converteuse nun campo de batalla simbólica no que a cultura tivo un papel estratéxico.
Paderewski, pianista que negociou unha independencia

Música e Política Internacional III: Notas pola Nación, desde Polonia ao mundo

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Na anterior entrega desta serie —“Códices, coros e coroas”— exploramos como a música funcionou como ferramenta diplomática entre as elites europeas, dende o Renacemento ata o Barroco, a través de obxectos sonoros como o Códice Medici ou o Currus Triumphalis Musicus. Naquel tempo, a música era símbolo de prestixio e vehículo de mediación entre dinastías.

Música e Política Internacional II: Códices, coros e coroas: música ao servizo das cortes europeas

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Nesta primeira entrega da serie, exploraremos como a música comezou a consolidarse como unha ferramenta diplomática eficaz dende os primeiros sinais no Renacemento ata o seu desenvolvemento máis sofisticado no Barroco. Mesmo antes de que existise unha política exterior formalizada tal e como a coñecemos hoxe, as cortes europeas xa empregaban a música como vehículo de influencia, representación e comunicación entre estados.
Imaxes Libres de Copyright obtidas en Pixabay e Shutterstock

Música e Política Internacional: Como a Diplomacia musical está a redefinir o mapa das relacións globais

Liñas de investigación Relacións Internacionais Paradiplomacia
Dende tempos inmemoriais, a música foi un idioma universal que conecta culturas, emocións e historias sen necesidade de palabras. Ao longo do último século, a súa capacidade para superar barreiras foi aproveitada como un poder suave, actuando como motor de diplomacia. A diplomacia musical non só usa a música como arte, senón tamén como ferramenta política para fomentar a paz e mellorar as relacións internacionais.
IMG 20250313 WA0001

Vázquez Rivarola

Galego porteño; oficial da Mariña Mercante; doutor pola Universidade de Vigo; comandante do Tercio de Gallegos; director-fundador do Museo Marítimo “Ing. Cerviño”; autor de máis de 30 obras.

Vázquez Rivarola Ler máis »


Artigos de Vázquez Rivarola, Horacio Guillermo

Baladron Lamas Victor Manuel

Baladrón Lamas

Portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario do Partido Popular no Parlamento de Galicia. Ten formación técnica superior en integración social, así como en actividades físicas e deportivas, o que lle permitiu desempeñarse en diversos ámbitos sociais e deportivos. A nivel político exerce como concelleiro de Deportes, Xuventude e Festas do Concello de Verín, amosando o

Baladrón Lamas Ler máis »


Artigos de Baladrón Lamas, Víctor Manuel

Nós no Mundo 2024

Novos retos para a diáspora galega

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
A historia da emigración galega é a historia dunha identidade forte e resistente, dunha cultura que foi quen de manterse viva e prosperar fóra das súas fronteiras. Grazas á perseveranza de milleiros de galegos e galegas a emigración galega desempeña un papel fundamental no ámbito internacional no século XXI, mantendo a súa relevancia tanto a través dos centros físicos como das asociacións e das redes sociais. Esta conexión coa diáspora segue a ser un piar importante para a promoción da galeguidade e a cultura galega no exterior. Contribúe a constituír unha ponte cultural, social e económica, entre Galicia e o mundo dos e galegas que, desde o exterior, seguiron a alimentar un profundo vínculo coa súa terra de orixe. Hoxe, no século XXI, este legado non só debe ser preservado, senón que ten que ser potenciado como un factor (clave) na nosa estratexia de proxección global.
Ana Miranda

Miranda

Eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) reeleita nas pasadas eleccións europeas de xunio de 2024. Coordinadora da Área de Relacións Internacionais do BNG dentro da Executiva Nacional do BNG. Forma parte das Comisións de Pesca, de Desenvolvemento Rexional e de Peticións e Desenvolvemento e Cooperación Humanitaria, das que é coordinadora de ambas. No Parlamento Europeo

Miranda Ler máis »


Artigos de Miranda, Ana

Paloma psdg

Castro Rey

Nacida en Pontevedra, é licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Traballou como avogada especializada en dereito de familia e violencia de xénero entre 2010 e 2020. Foi concelleira de Benestar e Igualdade de Pontevedra en dous períodos (2016-2020 e 2023-2024). Desde 2020 é deputada no Parlamento de Galicia polo Grupo Socialista, e na actualidade

Castro Rey Ler máis »


Artigos de Castro Rey, Paloma

Nós no Mundo 2024

Emigración e inmigración: dous puntais fundamentais sobre os que construír a Galicia do futuro

A emigración galega ten xogado un papel de primeira magnitude ao longo da Historia Contemporánea de Galicia. Non existe aspecto no que non teña incidido dende un xeito ou outro, xa sexa no económico, no político, no cultural, no social ou no demográfico. Certamente o desenvolvemento histórico deste fenómeno ten as súas luces e as súas sombras. Se ben o diñeiro enviado polos emigrantes ten contribuído á modernización do agro galego, sumido no máis absoluto atraso a fins do S.XIX e nos anos 40 e 50 da postguerra civil ao ser violentamente rabenado o proxecto modernizador que se albiscaba nos anos da República cando semellaba atinxirse o desexado réxime de autonomía, ao carecer dun proxecto de país os esforzos dos emigrantes por mellorar as condicións de vida dos que aquí ficaban resultaron insuficientes para transformar a fondo a economía galega.
paula sabajanes 300x300 1

Sabajanes

Xornalista galega nacida en Bos Aires. Licenciada en Ciencias da Información na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Especializada en Comunicación Institucional e de Crise. Realizou cursos posgrao en Comunicación e Xénero na Universidade de Bos Aires (UBA). Traballou no Gabinete de Comunicación do Presidente da Xunta de Galicia, na Dirección Xeral de Cooperación ao

Sabajanes Ler máis »


Artigos de Sabajanes, Paula

Novas Cidadanías: Votar e moito máis (I) Entrevista a Ana Miranda "Buenos Aires é a cidade con máis galegos. Sería de interese crear unha comisión no Parlamento para saber se os sistemas de representación que existen son os máis axeitados"

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Observatorio das Diásporas
Galicia medra e muda. Comezamos o ano mirando o nacemento das “novas cidadanías”. O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de publicar os datos de poboación que revelan que a composición e o tamaño da nosa xente no mundo é maior e máis diverso. Hai cada día menos galegos emigrados e máis dos que mesmo nin pisaron a terra. A Galicia Universal redefine o seu perfil e queremos pensar como van inserirse os emigrados, os inmigrados, os novos galegos nacidos fóra na sociedade, na lingua, na economía, na idea de país e nas institucións para exercer os seus dereitos como cidadáns plenos.
Nós no Mundo 2025 — EGAEX 2025-2029: E agora que?

Ano Castelao: Buenos Aires, quilómetro cero

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Exercicio de memoria colectiva e oportunidade de concretar a Galicia Ideal con máis dereitos e representación para os cidadáns de ultramar. Un mapa, un espello e un proxecto de nós. O Ano Castelao é, probablemente, un dos exercicios de memoria colectiva máis estimulantes que se nos teña presentado nos últimos tempos. É tamén un desafío
O presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, José María Vila Alén, na Sala Castelao da sede social onde se custodia o cadro “A derradeira leición do mestre” pintada en homenaxe a Alexandre Bóveda.

Especial Ano Castelao (XXIII) José María Vila Alén propón un plan director do patrimonio cultural das sociedades galegas na diáspora e incorporar a historia da emigración nos contidos educativos

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
O presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, José María Vila Alén, fai balance do Ano Castelao e destaca que se ten acadado un recoñecemento “definitivo” da figura do rianxeiro como precursor dunha Galicia Autonómica e como pensador dunha cartografía para “non perderse”.
Carlos Ameijeiras Miñones, presidente da Asociación Benéfica e Cultural do Partido de Corcubión.

Especial Ano Castelao (XXII) ABC de Corcubión reclama a inclusión da asignatura “Historia da emigración galega” nos centros de ensino para que as novas xeracións coñezan a xesta patriótica dos galegos do exterior

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
O presidente da Asociación Benéfica e Cultural de Corcubión, Carlos Ameijeiras Miñones, vén de reiterar o seu pedido de que se inclúa na currícula educativa galega unha asignatura específica sobre a “historia da emigración” para que as mozas e os mozos de Galicia coñezan a xesta patriótica dos exiliados e dos emigrantes galegos. Fíxoo no marco desta entrevista sobre a iniciativa para reivindicar a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como primeiro presidente de Galicia e na que destaca o papel das entidades de emigrantes de Arxentina e Uruguai no apoio ao rianxeiro e á causa galeguista para restituír un goberno democrático.

Especial Ano Castelao (XXI) “Castelao é a figura que se asocia coa unidade e que contaxia galeguidade sen discusión”, asegura Diego Oliver de Xeito Novo

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Xeito Novo foi o primeiro grupo de música folk de Arxentina e a súa actividade de difusión da cultura galega móvese na sociedade máis alá das fronteiras da colectividade. A Fundación naceu en 1984 para dar a coñecer cantos, bailes, ritmos, instrumentos, formas interpretativas e vestiarios tradicionais galegos recollidos nas súas propias investigacións. Así mesmo, apostan pola fusión e a innovación nos formatos musicais que interpretan no circuito musical arxentino. Entrevistamos a Diego Oliver, integrante da agrupación, para coñecer como están a vivir o Ano Castelao.

Especial Ano Castelao (XX) “Aínda que non é a Galicia ideal, creo que Castelao estaría contento de ver como a Galicia Universal medra”, afirma Bernardo Rey, presidente do Fogar Galego para anciáns de Domselaar

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Cando o Ano Castelao se asoma á meta logo de relatorios, actividades, reivindicacións e homenaxes, estes días vén de anunciarse que a obra pictórica máis icónica do rianxeiro “A derradeira leición do mestre”, que ilustra a barbarie fascista que asasinou a Alexandre Bóveda, exporase no verán do norte en Pontevedra. Segundo a Directora do Museo de Pontaevedra, Ángeles Tilve, trátase dunha colaboración institucional entre a Deputación de Pontevedra e o Centro Galicia de Buenos Aires “que suma” para abrir unha vía de cooperación que en beneficio de todos os galegos e que servirá para difundir a obra e o seu contexto da creación, que denuncia e homenaxe a Bóveda cando rematan os 12 meses dedicados á figura de Castelao e se cumpren 80 anos do golpe de Estado do 36.
Ana Pontón, na súa intervención na Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina

Especial Ano Castelao (XIX) “A figura de Castelao incomoda porque a súa obra e o seu pensamento son unha emenda á totalidade ao que está facendo o goberno do PP” Entrevista con Ana Pontón, portavoz nacional do BNG

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou en Buenos Aires do descubrimento dun busto de Castelao e expuxo a súa posición sobre a relevancia da figura do rianxeiro e os retos que ten por diante a Galicia Universal.
Pérez Esquivel no acto. Fotografía: Paula Sabajanes

Especial Ano Castelao (XVIII) O Premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, abraza a figura de Castelao para defender a memoria, “Iluminar o presente e construír un novo amencer para os pobos”

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Observatorio das Diásporas
Participou na descoberta dun busto do rianxeiro na Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina xunto á portavoz nacional do BNG Ana Pontón, a eurodeputada Ana Miranda e representantes da colectividade galega no país austral e colectivos de Dereitos Humanos. Pérez Esquivel é descendente de galegos e mantén unha participación activa nas iniciativas de defensa da memoria e da identidade. A peza escultórica foi realizada polo artista Gabriel Hernán " Ramirez" especialmente para o peche da programación polo Ano Castelao.
José Manuel Besteiro (na marxe esquerda) na caseta de España o 9 de novembro no festival Buenos Aires celebra, xunto membros das entidades da colectividade e o Embaixador de España en Arxentina, Joaquín María de Arístegui Laborde (na marxe dereita da imaxe).

Especial Ano Castelao (XVII) “Desexo que a Galicia territorial e a Galicia universal teñamos cada vez máis claro que Galicia é única e coas achegas de todos”, remarca José Manuel Besteiro, Presidente do Centro Cultural do Partido da Estrada

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Observatorio das Diásporas
José Manuel Besteiro é presidente do Centro Cultural do Partido da Estrada, unha entidade pola fusión entre a Unión Estradense e a Federación Agraria de A Estrada. Desde 1915 reúne aos veciños da comarca arredor de actividades culturais e sociais abertas tamén á comunidade de acollida. A Estrada foi unha das entidades do río da Plata en impulsar a iniciativa par recoñecer a Castelao como primeiro presidente de Galicia. Besteiro é avogado e ten unha longa traxectoria como dirixente deportivo no Club River Plate. No mes de outubro, asumiu como presidente da Federación de Sociedades Españolas de Arxentina (FEDESPA).
Fotografía do Roteiro Castelao, organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda na Coruña

Especial Ano Castelao (XVI) “Olla meu irmán honrado o que acontece con Daniel, os que o tiñan desterrado agora falan ben del” Marisol García, Asociación Alexandre Bóveda

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pintou a súa obra máis emblemática na memoria de Alexandre Bóveda, amigo, fundador e secretario de organización do Partido Galeguista, asasinado o 17 de agosto de 1936 e á quen a Irmandade Galega de Bos Aires dedicoulle en 1942 o Día da Galicia Mártir. “A derradeira leición do mestre”, a quen moitos sinalan como o “guernica galego”, é o lenzo que sobrecolle a alma de quen o mire coa imaxe dun mestre que xace no chan á vista de dous cativos compunxidos. A Asociación Cultural Alexandre Bóveda, fundada na Coruña en 1976, ten como obxectivo a promoción, defensa da lingua e da cultura galegas, así como a figura e pensamento do ilustre nacionalista que lles da nome. Entrevistamos a Marisol García, membro da Asociación, para coñecer a súa posición sobre a celebración do Ano Castelao.
FotoBiografia

Pedreira

Estudante do Grao de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela. Realizando prácticas no IGADI.

Pedreira Ler máis »


Artigos de Pedreira, Mateo

Martinez Justo

Martínez Justo

É Doutor en Ciencias Políticas e Sociais pola Universidade Nacional Autónoma de México. Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, Galicia. Actualmente é Profesor Permanente a tempo completo “C”, a máxima categoría académica outorgada pola Universidade Nacional Autónoma de México. Foi director da Facultade de Estudos Superiores “Acatlán”, onde imparte clases

Martínez Justo Ler máis »


Artigos de Martínez Justo, Manuel

Nós no Mundo 2024

A migración galega a México e as perspectivas de colaboración

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
México sempre foi un país de acollida, tránsito e expulsión de traballo. Para os galegos foi como unha segunda terra que foi transformando as súas vidas, levando consigo os seus lugares de orixe, de tal xeito que trasladaron alí festas, tradicións, cultura, música, comida e mesmo formas de falar; xa que “a migración deste grupo de poboación a terras mexicanas resultou ser un dos procesos migratorios máis exitosos en termos económicos, de integración social e de vinculación social con Galicia”.
roi o vila 1

P. Vila

É consultor político freelance especializado en análise política, datos e comunicación. Cun grao en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e un MSc en Política Europea pola London School of Economics and Political Science (LSE), conta con máis de dez anos de experiencia en consultoría política, intelixencia competitiva, análise de reputación e estratexia

P. Vila Ler máis »


Artigos de P. Vila, Roi

A UE na escalada bélica (II) A alternativa á escalada militar: descentralización e cooperación

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Unión Europea Relacións Internacionais
No debate sobre a seguridade europea, hai unha cuestión clave que se evita sistematicamente: a militarización é incompatible cun modelo democrático sostible. A centralización do poder militar non só transforma a relación entre o Estado (ou a UE) e a cidadanía, senón que tamén fomenta unha cultura de obediencia en detrimento da participación política.

A UE na escalada bélica (I) O erro irreversible da militarización da UE

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
A decisión da Unión Europea de incrementar o seu gasto militar e de algúns países consideraren medidas como a reintrodución do servizo militar obrigatorio responde a unha lóxica de escalada bélica que debe ser analizada con profundidade. A guerra en Ucraína serviu de catalizador para este cambio, pero a transformación da UE nun actor militar de primeira orde non pode entenderse só como unha resposta conxuntural. Máis ben, insírese nunha dinámica de longo prazo que reflicte un erro difícilmente reversible se se plasma en medidas materiais concretas: a crenza de que a paz e a estabilidade se manteñen a través do poder armado.
Moldavia orientando o seu destino. Imaxe creada por IA polo autor.

Foco en Moldavia (II) O camiño cara a UE: retos e riscos

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
O proceso de adhesión de Moldavia – mais tamén de Ucraína - afondan nun cambio significativo no enfoque da UE, que está a pasar dunha integración centrada no mercado, na economía e en procesos de democratización internos, a unha vontade explícita – mesmo por parte da presidenta da CE - de contrarrestar a influencia de Rusia e reforzarse como un polo de poder no contexto internacional que transcende o plano económico ou de valores ilustrados empregado até agora.
Moldavia orientando o seu destino. Imaxe creada por IA

Foco en Moldavia (I) Antencedentes e contexto

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
A recente vitoria electoral de Maia Sandu en Moldavia, acompañada dun referendo sobre a adhesión á UE, marca un momento crucial para o país e para Europa. Situada entre as ambicións da Unión Europea e a influencia rusa, Moldavia enfronta un camiño complexo, onde o respaldo europeo representa desafíos tanto para a Unión como para o país do leste. Este contexto de transición implica de cheo á UE nun taboleiro xeopolítico complexo e marca un punto de inflexión respecto a procesos de expansión anteriores.
facundo

Reyna-Muniain

Sociolingüista arxentino de orixe galega e vasca por parte materna. Estudou Letras na Universidade de Bos Aires (UBA), para posteriormente licenciarse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela (USC) onde logo cursou o Máster en Estudos da Literatura e da Cultura. Doutorouse en Lingüística Iberorrománica pola Universidade de Bremen (Alemaña) coa tese “Lingua

Reyna-Muniain Ler máis »


Artigos de Reyna-Muniain, Facundo

Nós no Mundo 2024

O papel das galegas e galegos de Arxentina

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
A Galicia arxentina ten moito que dicir na nosa identidade. Non podemos fitarnos no espello sen ver os trazos de tantas mulleres e homes que uniron estes dous finisterres no andar dos séculos. Forma parte do tapiz colectivo, desta construción social e histórica que hoxe nos sitúa no mundo dun xeito tan singular. Chegamos aos confíns da terra explorando horizontes, perseguindo soños e convivindo en paz con “outredades” en todas as latitudes do globo. Neses camiños enriquecemos a nosa propia historia. Galicia, tal e como a coñecemos hoxe, non se entende sen o percorrido infatigable das súas xentes. E Arxentina merece un capítulo especial.