Noticias

As novas dan conta das actividades máis destacadas do IGADI, como o lanzamentos das nosas publicacións, o inicio dalgún proxecto, a participación nalgunha actividade concreta, etc.

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Cal é o estado do planeta? Xa dispoñible o IGADI Annual Report 25-26

A 19º edición do anuario de relacións internacionais e política global do IGADI, perfila as principais dinámicas da sociedade internacional durante o 2025 así como as perspectivas dos acontecementos en curso no 2026. Marcado pola Presidencia do Donald Trump 2.0 e a erosión total do sistema de normas occidentais polo seu arquitecto principal, os Estados Unidos de América, a gobernanza global profundiza na inestabilidade.

Cal é o estado do planeta? Xa dispoñible o IGADI Annual Report 25-26 Ler máis »

Pensalo2Veces

O IGADI solicita á Xunta que reconsidere a participación de Galicia na UNESCO e ONU Turismo

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (1991-2026) manifesta a súa preocupación ante a negativa expresada pola Xunta de Galicia a contar cunha representación propia no seo da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) e ONU Turismo, nun contexto no que o Goberno de España está a traballar para facilitar a presenza de Euskadi e Cataluña nestas institucións internacionais.

O IGADI solicita á Xunta que reconsidere a participación de Galicia na UNESCO e ONU Turismo Ler máis »

foro esp chn 2024 6

Comeza o proxecto “España-China: Asociación Estratéxica para o Coñecemento Mutuo”

O IGADI pon en marcha unha iniciativa de investigación, divulgación e diplomacia pública arredor da Asociación Estratéxica Integral entre España e China. O proxecto realízase grazas ao financiamento da Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e Globais, no marco da convocatoria de proxectos 2025 de Prioridades da Política Exterior Española.

Comeza o proxecto “España-China: Asociación Estratéxica para o Coñecemento Mutuo” Ler máis »

temex51capa

O Tempo Exterior 51 céntrase na diplomacia das diásporas no S.XXI desde unha perspectiva global

O novo número da publicación académica do IGADI foi coordenado por Camelia Tigau, investigadora do Centro de Investigacións sobre América do Norte, da Universidad Nacional Autónoma de México. O número 51 continúa os avances do portal Open Journal System do Tempo Exterior, que renovou a súa imaxe gráfica no ano 2025, coincidindo co número 50 da publicación histórica do IGADI.

O Tempo Exterior 51 céntrase na diplomacia das diásporas no S.XXI desde unha perspectiva global Ler máis »

2025, Ano Castelao: Río da Prata, quilómetro cero

O IGADI abre 2026 pechando o seu Especial do Ano Castelao: Publicación extraordinaria e programa na IGADI TV o 7 de xaneiro

A publicación “2025, Ano Castelao, Río da Prata quilómetro Cero” reúne as entrevistas, análises e artigos publicados polo Observatorio das Diásporas do IGADI nos últimos 12 meses, para dar voz a Galicia exterior na conexión coa figura de Castelao. O especial foi coordenado desde Buenos Aires, pola xornalista e investigadora asociada do IGADI, Paula Sabajanes.

O IGADI abre 2026 pechando o seu Especial do Ano Castelao: Publicación extraordinaria e programa na IGADI TV o 7 de xaneiro Ler máis »

ciclo conferencias estudos europeus.392x0 is pid2428350

O Observatorio Galego da Lusofonía do IGADI participa no Ciclo de Estudos Europeus da Universidade de Coimbra o 2 de decembro

O OGALUS, nacido no 2008, como proxecto estratéxico do IGADI, acumula ducias de análises, publicacións e actividades académicas e divulgativas variadas, conectando a Galicia aos países e territorios de lingua oficial portuguesa.

O Observatorio Galego da Lusofonía do IGADI participa no Ciclo de Estudos Europeus da Universidade de Coimbra o 2 de decembro Ler máis »