Noticias

As novas dan conta das actividades máis destacadas do IGADI, como o lanzamentos das nosas publicacións, o inicio dalgún proxecto, a participación nalgunha actividade concreta, etc.

pt Visita CCCM Galicia 1 1

Visita do Centro Científico e Cultural de Macau a Galicia: unha semana de diálogo e cooperación con Portugal e a lusofonía pensando en China

Do 27 ao 31 de outubro de 2025, unha delegación do Centro Científico e Cultural de Macau (CCCM) desenvolverá unha intensa axenda de traballo en diferentes cidades galegas —Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo— para fortalecer os lazos institucionais, académicos, económicos e culturais entre a Galicia e Portugal. As actividades enmárcanse dentro dun proxecto de mobilidades do Erasmus+. Colaboran desinteresadamente coas actividades ducias de persoas e entidades de Galicia.

Visita do Centro Científico e Cultural de Macau a Galicia: unha semana de diálogo e cooperación con Portugal e a lusofonía pensando en China Ler máis »

IGADI 3a edicion das Xornadas Ferrol no mundo do seculo XXI Galicia e China no dialogo Oriente Occidente xeral

O 29 de outubro chega a 3ª edición das Xornadas “Ferrol no mundo do século XXI: Galicia e China no diálogo Oriente-Occidente”

As Xornadas concebíronse no marco do Convenio entre a Universidade da Coruña e o IGADI e os Plans anuais de traballo co Campus Industrial de Ferrol. A iniciativa ten o apoio tamén de Casa Asia (consorcio público liderado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación de España). Desenvolveranse no Salón de Graos da Facultade de Humanidades o mércores 29 de outubro entre as 16:30 e as 20h.

O 29 de outubro chega a 3ª edición das Xornadas “Ferrol no mundo do século XXI: Galicia e China no diálogo Oriente-Occidente” Ler máis »

IGADI - 2º Maratón de Galeguidades

O Maratón de Galeguidades celebra a súa 2ª edición para conectar Galicia coa súa diáspora o 24 de xullo

O vindeiro 24 de xullo de 2025, entre as 8:30 e as 19:30, desenvolverase a segunda edición do Maratón de Galeguidades, un evento impulsado pola Deputación da Coruña que busca reforzar os lazos entre Galicia e a súa diáspora a través dun programa televisivo por internet.

O Maratón de Galeguidades celebra a súa 2ª edición para conectar Galicia coa súa diáspora o 24 de xullo Ler máis »

IGADI 2a Ed. Conferencias Chiberica 1x1

2ª edición das Xornadas Online Chibérica: Inscríbase no diálogo ibérico sobre a China actual -27, 28 e 29 de maio

No marco do Protocolo Xeral de Actuación entre Casa Asia e o IGADI-Observatorio da Política China, as segundas Xornadas Chibérica serán un punto de encontro entre Portugal e España para pensar a China do século XXI.

2ª edición das Xornadas Online Chibérica: Inscríbase no diálogo ibérico sobre a China actual -27, 28 e 29 de maio Ler máis »

Espanha na CPLP: uma oportunidade para redefinir a nossa diplomacia a partir da Galiza

Conéctate á IGADI TV: Xornadas “España na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP): Novos horizontes para o multilateralismo do S.XXI”

As Xornadas terán formato de programa da IGADI TV e contarán coa participación de especialistas, representantes públicos e representantes da sociedade civil. Estarán cheas de sorpresas, celebrándose na véspera do 51ª aniversario da Revolución dos cravos en Portugal.

Conéctate á IGADI TV: Xornadas “España na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP): Novos horizontes para o multilateralismo do S.XXI” Ler máis »

Tempo exterior Nº49. Gobernos subestatais e acción exterior. Xullo/decembro 2024

Xa dispoñible o Tempo Exterior 49: Gobernos subestatais e acción exterior

O novo número da publicación académica do IGADI, presenta un monográfico coordenado por Tino Cordal (Universidade de Vigo), enfocado na análise da acción exterior de comunidades autónomas e cidades, nunha aproximación tamén ibérica, cunha achega arredor das geminaçoes, os irmandamentos en Portugal.

Xa dispoñible o Tempo Exterior 49: Gobernos subestatais e acción exterior Ler máis »

IGADI ANAGRAMA

O IGADI lidera dous proxectos financiados polo Ministerio de Exteriores que reforzan o seu perfil internacional e o compromiso coa Acción Exterior de Galicia

Os proxectos “O papel da muller no mundo actual: A Política Exterior Feminista e a Cimeira do Futuro” e “España na CPLP: un novo horizonte para o multilateralismo” aliñéanse coas prioridades da política exterior española e a Acción Exterior de Galicia. Fináncianse grazas ás convocatorias de proxectos da Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e Globais.

O IGADI lidera dous proxectos financiados polo Ministerio de Exteriores que reforzan o seu perfil internacional e o compromiso coa Acción Exterior de Galicia Ler máis »

A Republica dos Sonhos 2024

Galicia tece pontes co mundo e coa lusofonía a través do Convenio 2024 entre a Deputación de Pontevedra e o IGADI

A Deputación de Pontevedra e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) veñen de poñer en marcha o proxecto “Tecer pontes co mundo, construír pontes coa lusofonía”. Enmarcado no convenio de colaboración Deputación de Pontevedra-IGADI 2024, o proxecto aposta por proxectar a identidade galega a nivel global, cunha especial atención á conexión co universo lusófono e as relacións Galicia-Portugal.

Galicia tece pontes co mundo e coa lusofonía a través do Convenio 2024 entre a Deputación de Pontevedra e o IGADI Ler máis »