Paradiplomacia : Liña de investigación

A Liña de Investigación en Paradiplomacia do IGADI achégase desde 1991 ao proceso mundial e acelerado de participación nas relacións internacionais tanto de institucións subestatais (cidades, rexións, provincias…) como de actores non estatais (ongd, empresas, movementos cívicos…).

Daremos seguimento e análise ás distintas expresións da paradiplomacia mundial, un fenómeno en expansión desde hai décadas pero aínda recente e cun marco teórico e operativo en desenvolvemento. Desta maneira achegarémonos tanto a procesos globais como a procesos concretos de internacionalización política e cidadá, nutríndonos da experiencia histórica do IGADI na materia, atendendo así tanto ás expresións públicas como privadas do mesmo.

Cómpre subliñar que o IGADI tense caracterizado desde a súa fundación no 1991 por ter un papel activo e dinamizador da propia paradiplomacia e acción exterior de Galicia motivo polo que actualmente fai parte como entidade experta do Consello de Acción Exterior da Xunta de Galicia.

Coordina: Daniel González Palau

Fronteiras da nosa acción exterior

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

Diversos feitos, procesos e declaracións fan que por primeira vez a cuestión da acción exterior de Galicia asome timidamente no debate político preelectoral. As visitas de dirixentes políticos galegos ás colectividades de emigrantes en Sudamérica; fotos mil no polémico “Galicia en feitos” nas que o Presidente Fraga se retrata con líderes estranxeiros; o protagonismo de …

Fronteiras da nosa acción exterior Ler máis »

O momento exterior do Benegá

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

Semella emerxer con forza e fortuna a acción exterior do nacionalismo galego. Feito tan feliz como sorprendente, sobre todo se temos en conta que no seu programa electoral para as recentes eleccións autonómicas ningunha referencia explícita abordaba este importantísimo capítulo de toda acción gobernamental, mesmo para unha autonomía. Coas contradiccións que se queiran, o Presidente …

O momento exterior do Benegá Ler máis »

Apostar por Cuba

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

Toda América Latina forma parte das áreas prioritarias de atención definidas polo Goberno galego no seu programa cuatrienal de acción exterior. Nese contexto, Cuba, pola súa transcendencia política e mesmo afectiva, sen dúbida reviste unha particular importancia. Pero cómpre sinalar que son numerosos os eidos tanxibles que poden contribuir ó artellamento dun amplo abano de …

Apostar por Cuba Ler máis »

De Barcelona a Santiago: ¡Máis acción exterior!

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

Hai seis anos por estas datas, nunha breve reflexión sobre a necesidade de definir unha política exterior do nacionalismo galego, diciamos dende o IGADI, entre outras cousas, que "…cómpre revitalizar Galeuzka. Non podemos permitir que Galiza quede descolgada de procesos tan inmediatos como a reestructuración efectiva do Estado…" (ver o semanario A Nosa Terra nº …

De Barcelona a Santiago: ¡Máis acción exterior! Ler máis »

Un sitio no Mundo

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

O goberno galego aprobou o pasado mes de xullo o primeiro "Programa Cuatrienal de Acción Exterior de Galicia". Trátase dunha iniciativa política que con independencia das súas lagoas, imperfeccións e mesmo das lexítimas discrepancias que naturalmente pode suscitar, debe ser avaliada moi positivamente. O Programa constitúe un documento exhaustivo que ademais de inventariar rigorosamente o …

Un sitio no Mundo Ler máis »

Máis Portugal!

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos ARQUIVO Acción exterior de Galicia

Portugal é un dos mellores clientes de Galicia. No pasado ano, a evolución dos intercambios comerciais resultou moi positiva. Despois do francés, Portugal representa o noso segundo mercado en importancia, ocupando, sobre o total das exportacións e das importacións galegas, unha cuota do 17,49% e do 8,1%, respectivamente (datos de 1996). Tamén para Portugal, Galicia …

Máis Portugal! Ler máis »

Aínda nos queda Portugal

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

Nos últimos anos rexistrouse un importante avance nas relacións entre Galicia e Portugal, moi especialmente co Norte. Aínda que con retraso e por concluir, a mellora das comunicacións e doutras infraestructuras favorecen unha aproximación que sen dúbida situanos en condicións máis idóneas para pór fin a un desencontro histórico. Portugal e Galicia contan cun acervo …

Aínda nos queda Portugal Ler máis »

¿Un governo sen acción exterior propia?

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

"Eu son fillo dunha Patria descoñecida porque ninguén soupo dar sona e creto internacional ás nosas reivindicacións patrióticas". (Castelao. Sempre en Galiza.) Os primeiros abafos do verán facían arder unha nova polémica. Beiras e Fraga liábanse nunha nova disputa, esta vez sobre a utilidade e o significado político das respectivas viaxes a varios países sudamericanos …

¿Un governo sen acción exterior propia? Ler máis »