Paradiplomacia : Liña de investigación

A Liña de Investigación en Paradiplomacia do IGADI achégase desde 1991 ao proceso mundial e acelerado de participación nas relacións internacionais tanto de institucións subestatais (cidades, rexións, provincias…) como de actores non estatais (ongd, empresas, movementos cívicos…).

Daremos seguimento e análise ás distintas expresións da paradiplomacia mundial, un fenómeno en expansión desde hai décadas pero aínda recente e cun marco teórico e operativo en desenvolvemento. Desta maneira achegarémonos tanto a procesos globais como a procesos concretos de internacionalización política e cidadá, nutríndonos da experiencia histórica do IGADI na materia, atendendo así tanto ás expresións públicas como privadas do mesmo.

Cómpre subliñar que o IGADI tense caracterizado desde a súa fundación no 1991 por ter un papel activo e dinamizador da propia paradiplomacia e acción exterior de Galicia motivo polo que actualmente fai parte como entidade experta do Consello de Acción Exterior da Xunta de Galicia.

Coordina: Daniel González Palau

Máis Portugal!

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

Portugal é un dos mellores clientes de Galicia. No pasado ano, a evolución dos intercambios comerciais resultou moi positiva. Despois do francés, Portugal representa o noso segundo mercado en importancia, ocupando, sobre o total das exportacións e das importacións galegas, unha cuota do 17,49% e do 8,1%, respectivamente (datos de 1996). Tamén para Portugal, Galicia …

Máis Portugal! Ler máis »

Aínda nos queda Portugal

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

Nos últimos anos rexistrouse un importante avance nas relacións entre Galicia e Portugal, moi especialmente co Norte. Aínda que con retraso e por concluir, a mellora das comunicacións e doutras infraestructuras favorecen unha aproximación que sen dúbida situanos en condicións máis idóneas para pór fin a un desencontro histórico. Portugal e Galicia contan cun acervo …

Aínda nos queda Portugal Ler máis »

¿Un governo sen acción exterior propia?

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

"Eu son fillo dunha Patria descoñecida porque ninguén soupo dar sona e creto internacional ás nosas reivindicacións patrióticas". (Castelao. Sempre en Galiza.) Os primeiros abafos do verán facían arder unha nova polémica. Beiras e Fraga liábanse nunha nova disputa, esta vez sobre a utilidade e o significado político das respectivas viaxes a varios países sudamericanos …

¿Un governo sen acción exterior propia? Ler máis »