Paradiplomacia : Liña de investigación

A Liña de Investigación en Paradiplomacia do IGADI achégase desde 1991 ao proceso mundial e acelerado de participación nas relacións internacionais tanto de institucións subestatais (cidades, rexións, provincias…) como de actores non estatais (ongd, empresas, movementos cívicos…).

Daremos seguimento e análise ás distintas expresións da paradiplomacia mundial, un fenómeno en expansión desde hai décadas pero aínda recente e cun marco teórico e operativo en desenvolvemento. Desta maneira achegarémonos tanto a procesos globais como a procesos concretos de internacionalización política e cidadá, nutríndonos da experiencia histórica do IGADI na materia, atendendo así tanto ás expresións públicas como privadas do mesmo.

Cómpre subliñar que o IGADI tense caracterizado desde a súa fundación no 1991 por ter un papel activo e dinamizador da propia paradiplomacia e acción exterior de Galicia motivo polo que actualmente fai parte como entidade experta do Consello de Acción Exterior da Xunta de Galicia.

Coordina: Christoph Schreinmoser

Galitzia

Por estas datas, hai dez anos, en Polonia abrianse grandes fendas no edificio do socialismo real. En marzo, as negociacións da chamada mesa redonda deixarían paso ás primeiras eleccións pluripartidistas nun país do Pacto de Varsovia. A subseguinte derrota do POUP convertiría a Tadeusz Mazowiecki, un socialcristián, primeiro ministro dun país constitucionalmente socialista. Uns meses […]

Galitzia Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

O Mundo en comisión

O anunciado compromiso do Presidente do Parlamento para crear unha comisión de Asuntos Europeos na Cámara galega é unha feliz noticia. Sen embargo, con ser un avance encomiable, resulta claramente insuficiente. A acción exterior, entendida como globalidade na que certamente destaca a política respecto á Unión Europea, é e será un dos eixes claves da

O Mundo en comisión Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

A aventura libia

A viaxe do Presidente Fraga por areas libias provoca auténticas perdas de compostura. A primeira vista, o xesto de Don Manuel poidera raiar na excentricidade e mesmo hai quen chegou a insinuar unha certa connivencia co terrorismo internacional. Frivolidade e descalificacións que desacreditan todo esforzo por avanzar na comprensión social da importancia da acción exterior.

A aventura libia Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

Un referendo innecesario

Pasaron máis de vinte anos dende que Portugal aprobou unha Constitución que incluía un claro mandato rexionalizador. A creación das rexións estaba asociada a unha concepción da profundización democrática que perseguía achegar os cidadáns á política. Eses mesmos cidadáns, cunha exigua maioría, poden hoxe baleirar de contido o mandato constitucional, mentres que para a modificación

Un referendo innecesario Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

Fronteiras da nosa acción exterior

Diversos feitos, procesos e declaracións fan que por primeira vez a cuestión da acción exterior de Galicia asome timidamente no debate político preelectoral. As visitas de dirixentes políticos galegos ás colectividades de emigrantes en Sudamérica; fotos mil no polémico “Galicia en feitos” nas que o Presidente Fraga se retrata con líderes estranxeiros; o protagonismo de

Fronteiras da nosa acción exterior Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos ARQUIVO Acción exterior de Galicia

O momento exterior do Benegá

Semella emerxer con forza e fortuna a acción exterior do nacionalismo galego. Feito tan feliz como sorprendente, sobre todo se temos en conta que no seu programa electoral para as recentes eleccións autonómicas ningunha referencia explícita abordaba este importantísimo capítulo de toda acción gobernamental, mesmo para unha autonomía. Coas contradiccións que se queiran, o Presidente

O momento exterior do Benegá Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

Apostar por Cuba

Toda América Latina forma parte das áreas prioritarias de atención definidas polo Goberno galego no seu programa cuatrienal de acción exterior. Nese contexto, Cuba, pola súa transcendencia política e mesmo afectiva, sen dúbida reviste unha particular importancia. Pero cómpre sinalar que son numerosos os eidos tanxibles que poden contribuir ó artellamento dun amplo abano de

Apostar por Cuba Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

De Barcelona a Santiago: ¡Máis acción exterior!

Hai seis anos por estas datas, nunha breve reflexión sobre a necesidade de definir unha política exterior do nacionalismo galego, diciamos dende o IGADI, entre outras cousas, que "…cómpre revitalizar Galeuzka. Non podemos permitir que Galiza quede descolgada de procesos tan inmediatos como a reestructuración efectiva do Estado…" (ver o semanario A Nosa Terra nº

De Barcelona a Santiago: ¡Máis acción exterior! Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

Un sitio no Mundo

O goberno galego aprobou o pasado mes de xullo o primeiro "Programa Cuatrienal de Acción Exterior de Galicia". Trátase dunha iniciativa política que con independencia das súas lagoas, imperfeccións e mesmo das lexítimas discrepancias que naturalmente pode suscitar, debe ser avaliada moi positivamente. O Programa constitúe un documento exhaustivo que ademais de inventariar rigorosamente o

Un sitio no Mundo Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos ARQUIVO Acción exterior de Galicia

Máis Portugal!

Portugal é un dos mellores clientes de Galicia. No pasado ano, a evolución dos intercambios comerciais resultou moi positiva. Despois do francés, Portugal representa o noso segundo mercado en importancia, ocupando, sobre o total das exportacións e das importacións galegas, unha cuota do 17,49% e do 8,1%, respectivamente (datos de 1996). Tamén para Portugal, Galicia

Máis Portugal! Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO