Noticias

As novas dan conta das actividades máis destacadas do IGADI, como o lanzamentos das nosas publicacións, o inicio dalgún proxecto, a participación nalgunha actividade concreta, etc.

Cartel final Seminario BUAP IGADI

A Universidade Benemérita de Puebla (México) e o IGADI organizan o 19 de maio un Seminario internacional “Comercio e Relacións Internacionais post-pandémicas”

O próximo venres 19 de maio (17h en España) realizarase un Seminario internacional online vinculado ao número 45 da nosa publicación semestral, Tempo Exterior (xullo-decembro 2022). O número, coordenado polos profesores da Universidade Benemérita de Puebla, Raquel Isamara León de la Rosa (Consello de Investigación do IGADI e Directora do Observatorio de la Política China) …

A Universidade Benemérita de Puebla (México) e o IGADI organizan o 19 de maio un Seminario internacional “Comercio e Relacións Internacionais post-pandémicas” Ler máis »

Asinamos acordos de colaboración coa Asociación Internacional de Estudos Galegos, a Revista Murguía e a Juventude Unida dos Países da Língua Portuguesa

Os acordos de colaboración asinados ao longo do primeiro cuadrimestre deste 2023 aspiran a sistematizar a relación co IGADI e a visibilizar os intereses compartidos entre as tres entidades. A formalización dos acordos procura sinerxías e complementariedades no traballo ordinario das organizacións, así como oportunidades de colaboración concretas, reforzando os intereses comúns arredor da proxección …

Asinamos acordos de colaboración coa Asociación Internacional de Estudos Galegos, a Revista Murguía e a Juventude Unida dos Países da Língua Portuguesa Ler máis »

Logo do Campus Industrial de Ferrol

A Universidade da Coruña e o IGADI asinan un Convenio de colaboración para impulsar a internacionalización do Campus Industrial de Ferrol

O Convenio entre a Universidade da Coruña e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) asinado o pasado 21 de decembro de 2022 atinxe ámbitos variados no eido da internacionalización de interese común para as dúas entidades, enfocando a súa atención no traballo do Observatorio da Política China (OPCh). O OPCh é unha …

A Universidade da Coruña e o IGADI asinan un Convenio de colaboración para impulsar a internacionalización do Campus Industrial de Ferrol Ler máis »

Tempo exterior Nº 45

Publicamos o número 45 da revista Tempo Exterior: O comercio internacional na pandemia, Latinoamérica

O número 45 da nosa publicación semestral, coordenado por Raquel Isamara León de la Rosa (Universidade de Puebla UAP, México) e Adolfo Federico Herrera García (Universidade de Puebla UAP, México), analiza o impacto socioeconómico da pandemia no mundo, con especial incidencia en América Latina e as relacións coa China. Sae á rede co apoio do …

Publicamos o número 45 da revista Tempo Exterior: O comercio internacional na pandemia, Latinoamérica Ler máis »

“Los Juegos Olímpicos en la era pandémica: Intercambio humanístico y comunicación mutua entre China y el mundo”

“Os Xogos Olímpicos na era pandémica” unha reflexión coral sobre o impacto de Beijing 2022

O documento é unha reflexión colectiva chinesa-iberoamericana, impulsada polo Institute for China-LAC-People to People Exchange (ICLPE desde agora) (Jiangsu, RP China) coa colaboración do IGADI (Galicia, España), arredor da nova imaxe internacional do país e a diplomacia olímpica.  Na obra reflexionan sobre os Xogos Olímpicos de Beijing 2022 vinte autores, trece desde a China e sete …

“Os Xogos Olímpicos na era pandémica” unha reflexión coral sobre o impacto de Beijing 2022 Ler máis »

IGADI Annual Report (2021-2022)

Xa dispoñible a décimoquinta edición do IGADI Annual Report (2021-2022) “Desorde pandémico, interdependencias e guerra”

A análise do acontecido nos últimos meses que fai o IGADI Annual Report (2021-2022) permite entender mellor o momento que vive o mundo coa Guerra da Ucraína e a resaca da pandemia da Covid-19 ao fondo. O IGADI Annual Report desvela como no 2021-2022 se desatan as desordes fraguadas nas últimas décadas que levaron a por en …

Xa dispoñible a décimoquinta edición do IGADI Annual Report (2021-2022) “Desorde pandémico, interdependencias e guerra” Ler máis »