Relacións Internacionais : Liña de investigación

A análise e prospectiva das relacións internacionais e a xeopolítica é un dos signos de identidade do IGADI desde o seu nacemento no 1991. Desde unha visión plural e inclusiva a Liña de Investigación aspira a dar seguimento, análise e información regular da sociedade internacional, priorizándoa sobre a opinión, construíndo pensamento estratéxico internacional galego.

Coordina: Daniel González Palau

Logotipo da Organización de Cooperación de Xangái

China refai a xeopolítica global

O cumio da Organización de Cooperación de Xangai (OCX) recen celebrado en Astaná, Kazaxistán, veu dar un novo impulso á reordenación xeopolítica global que impulsa China, quen asume a presidencia rotatoria do organismo. A maiores, o presidente Xi Jinping aproveitou o encontro para celebrar dúas visitas de Estado, unha ao país anfitrión e outra ao veciño Taxikistán. No primeiro, co presidente Kassym-Jomart Tokayev, que fala chinés con fluidez tras vivir na capital Beijing como diplomático soviético de 1985 a 1991, rubricou unha “asociación estratéxica integral permanente excepcional”; e co presidente taxiko, Emomalí Rahmón, estableceu unha “asociación estratéxica integral da nova era”. Formulismos, dirán, pero con miga.

te48 capa

Que son as Novas Diplomacias? Xa dispoñible o Tempo Exterior 48

O novo número da publicación académica do IGADI, presenta un monográfico coordenado por Susana Cruickshank (fundadora e directora do Centro de Estudos en Cooperación Internacional e Xestión Pública, CECIG) e Antonio Alejo (Universidade de Granada). O número enfócase arredor das novas formas de diplomacia cidadá arredor do globo, como a medioambiental, a migrante ou a científica.

the economist elections 2024

O 2024, un ano electoral global

En novembro do 2023 un especial do semanario inglés The Economist identificaba o 2024 como o ano electoral máis importante da historia. Preto de 3.400 millóns de persoas poderían votar en eleccións nacionais en 73 países. Se a estas cifras estatais, agregamos as eleccións municipais e rexionais (como Brasil ou Turquía), superaríanse os 4.200 millóns de persoas como potenciais votantes, superando a metade da poboación do planeta. A polarización e o auxe da extrema dereita son os prognósticos maioritarios na inmensa maioría de procesos electorais.

Captura de pantalla 2024 02 14 193452

Caramés Leiro

Graduada en Relacións Internacionais pola Universidade Complutense de Madrid, cunha gran interese nas areas da cooperación internacional e a Unión Europea. Conto con experiencia previa en proxectos sociais con organizacións do panorama nacional como Helsinki España ou Cruz Vermella, e de índole internacional coa participación en iniciativas comunitarias ou seminarios.


Artigos de Caramés Leiro, Marta

Qué é a paradiplomacia e a acción exterior das CCAA en España?

Apartados xeográficos Europa Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Nos últimos anos, o termo “paradiplomacia” acadou un considerable nivel de popularidade e uso nas Relacións Internacionais, caracterizado pola ambigüidade terminolóxica que o subxace e pola degradación do sistema estatal-céntrico, vinculado por suposto á iniciativa de organizacións como a Unión Europea, que xeraron un considerable impulso no papel das entidades rexionais mediante a reformulación do Tratado de Maastricht ou a creación do Comité das Rexións.
En gris os países que non participaron, en azul claro os que participaron mais non aprobaron o documento e en azul oscuro os que asinaron a declaración final. Fonte: Wikimedia

A frustración suíza

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa

O “Cumio pola Paz” que acolleu Suiza o mes pasado deixou un regueiro de leccións importantes. Había unha intención de facer taboa rasa e impoñer unha solución de parte co aval dunha maioría de países. Pero non funcionou. A seguir, a UE anunciou o 14º paquete de sancións contra Rusia. Previsiblemente, tampouco funcionará. Mentres a economía europea segue estancada, a rusa mostra unha vitalidade inagardada. A dinámica de substitución das importacións que promoven esas sancións e as demandas do complexo militar-industrial favorecen o emprego e o consumo. Moscova está lonxe aínda de mostrar unha febleza que a conduza á mesa de negociacións coa cabeza gacha.

Bandeira de Ucraína

A estraña forma de levar a cabo unha misión de paz a favor do agresor

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa

Ao día seguinte de que Hungría asumise a presidencia de seis meses do Consello da UE, o primeiro ministro húngaro Viktor Orbán comezou unha incrible actividade internacional, a pesar de que a presidencia da UE non outorga ningún dereito a representar á Unión nas relacións internacionais. Con todo, o político húngaro recorreu á súa propia “misión de paz” porque, segundo as súas palabras, “Europa necesita paz”, en particular, porque “a guerra comezou a afectar o crecemento económico e a nosa competitividade”.