Relacións Internacionais : Liña de investigación

A análise e prospectiva das relacións internacionais e a xeopolítica é un dos signos de identidade do IGADI desde o seu nacemento no 1991. Desde unha visión plural e inclusiva a Liña de Investigación aspira a dar seguimento, análise e información regular da sociedade internacional, priorizándoa sobre a opinión, construíndo pensamento estratéxico internacional galego.

Coordina: Christoph Schreinmoser

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

A Diplomacia dos Océanos tras o Fito do BBNJ (Biodiversity Beyond National Jurisdiction) da ONU: Unha Gobernanza Azul en Alta Mar?

Despois de máis de dúas décadas de complexas negociacións, o pasado 17 de xaneiro de 2026, entrou en vigor o comunmente chamado Tratado Global dos Océanos ou Acordo BBNJ (Biodiversity Beyond National Jurisdiction) de Nacións Unidas. Para o secretario xeral, António Guterres, trátase dun fito histórico para o océano e o “multilateralísimo”.

A Diplomacia dos Océanos tras o Fito do BBNJ (Biodiversity Beyond National Jurisdiction) da ONU: Unha Gobernanza Azul en Alta Mar? Ler máis »

A Boveda

Mércores 6 de maio na AC Alexandre Bóveda: A política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica

Dentro do ciclo “Pensando o Futuro” da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, o mércores 6 de maio ás 19.30 h Daniel González Palau falará na Coruña da política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica. Achegarase aos fundamentos históricos e á evolución da política exterior chinesa ao longo das últimas décadas. Prestarase unha especial atención aos debates

Mércores 6 de maio na AC Alexandre Bóveda: A política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica Ler máis »

ia sur de europa

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 8. Europa (III): Italia e España

Aínda que casos como o do Reino Unido (analizado nesta serie na semana pasada) exemplifican a adaptación externa e de facto ao modelo europeo pola pura necesidade de interoperabilidade global, a verdadeira proba de fogo do RIA atópase dentro das propias fronteiras da Unión Europea.

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 8. Europa (III): Italia e España Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa
Fonte: Szlomo Lejb Creative Commons Attribution-Share Alike 4.0

A xustiza francesa condenou a Lafarge, a maior cementeira do mundo, por financiar o xihadismo

«Para o tribunal, é evidente que o único propósito da financiación dunha organización terrorista era manter operativa a planta siria por motivos económicos. Os pagamentos a entidades terroristas permitiron a Lafarge continuar coas súas operacións».

A xustiza francesa condenou a Lafarge, a maior cementeira do mundo, por financiar o xihadismo Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
España-China — Asociación estratégica para el conocimiento mutuo

O IGADI-Observatorio de la Política China lanza un informe estratéxico para mellorar o coñecemento mutuo entre España e China

A nova publicación, que sae a luz nun momento doce da historia das relacións sino-españolas, analiza a crecente importancia das comunidades autónomas, cidades, universidades e a sociedade civil nas relacións coa China.

O IGADI-Observatorio de la Política China lanza un informe estratéxico para mellorar o coñecemento mutuo entre España e China Ler máis »

IGADI — Espana China 4x5

Dispoñible o programa na IGADI TV

O pasado xoves 23 de Abril, entre as 17h e as 20h, celebrouse o programa de tv por internet “España-China: Asociación estratéxica para o coñecemento mutuo”. Podes revivilo desde aquí. Contamos coa participación de: Subscríbete á IGADI TV e vén dar a volta ao mundo

Dispoñible o programa na IGADI TV Ler máis »

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Galicia e España ante a Axenda Von der Leyen II: competitividade, transición verde e involución autonómica

A segunda Comisión von der Leyen, un ano despois de iniciar o seu mandato, consolidou un método político baseado na aceleración lexislativa, na coordinación interservizos e no uso intensivo de paquetes omnibus para reaxustar políticas recentes. Una receita debedora do corporativismo alemán (Mesa para o Agro, para a Automoción) ante a crise de identidade do modelo socioeconómico europeo, sobre todo renano-carolinxio, substituíndo a granularidade regulatoria por procesos integrados orientados a resultados. Estes paquetes, que en 2025 integraron dez reformas simultáneas e que continuarán en 2026, están a transformar sectores como a automoción, a industria química, o agroalimentario, as políticas ambientais e a gobernanza dixital. A prioridade esencial da Comisión: reforzar a competitividade europea nun contexto de transición verde, tensión xeopolítica e crecente presión sobre cadeas industriais, en liña co informe Draghi.

Galicia e España ante a Axenda Von der Leyen II: competitividade, transición verde e involución autonómica Ler máis »

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Gaza, xenocidio e “proceso de paz”: balance de 2025 e perspectivas para o 2026

O ano 2025 marcou un punto de inflexión no conflito en Gaza. Case dous anos despois do inicio da ofensiva militar israelí tras os ataques de Hamás do 7 de outubro de 2023, e o xenocidio contra o pobo palestino cada vez máis aberto, o 9 de outubro de 2025 Israel e Hamás anunciaron un acordo de alto o fogo que abriu a porta a un novo proceso político impulsado polos Estados Unidos. Este acordo constitúe a primeira fase do chamado Plan Integral do Presidente Donald J. Trump para pór Fin ao Conflito de Gaza, presentado oficialmente como unha folla de ruta cara a unha “paz sólida, duradeira e eterna”.

Gaza, xenocidio e “proceso de paz”: balance de 2025 e perspectivas para o 2026 Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
flag reino unido

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 7. Europa (II) Reino Unido: fóra da UE, dentro do xogo

Mentres a UE optou por unha lexislación horizontal e exhaustiva co RIA, o Reino Unido decidiu trazar un camiño diverxente, apostando polo que denomina un “enfoque pro-innovación” (A Pro-Innovation Approach). Esta estratexia caracterízase, ata o momento, pola súa flexibilidade e pola ausencia de novas leis primarias ríxidas que abarquen todos os sectores, preferindo un modelo

Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 7. Europa (II) Reino Unido: fóra da UE, dentro do xogo Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Outros