Noticias

As novas dan conta das actividades máis destacadas do IGADI, como o lanzamentos das nosas publicacións, o inicio dalgún proxecto, a participación nalgunha actividade concreta, etc.

IGADI PALESTINA A traxedia permanente Presentacion 1x1 b

Galicia-Palestina, unha irmandade incesante: Bichara Khader, profesor emerito da Universidade Católica de Lovaina e experto en cuestión euro-árabes, visita Santiago de Compostela o 25 de xuño

As actividades enmárcanse no Irmandamento do ano 2002 entre Santiago de Compostela e Belén (Palestina-Cisxordania) e o lanzamento da publicación “Palestina: A traxedia permanente (1948-2024). Unha chamada para espertar Europa” que o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) publicou en galego o 17 de maio, Día das Letras 2024 adicado a Luisa Villalta.

Galicia-Palestina, unha irmandade incesante: Bichara Khader, profesor emerito da Universidade Católica de Lovaina e experto en cuestión euro-árabes, visita Santiago de Compostela o 25 de xuño Ler máis »

"PALESTINA: A traxedia permanente (1947-2024). Unha chamada para espertar a Europa" (Prof. Bichara Khader)

Un Día das Letras cheo de solidariedade internacional: O IGADI publica o último ensaio de Bichara Khader “Palestina, a traxedia permanente (1946-2024): Unha chamada para espertar a Europa”

No Día das Letras Galegas 2024, adicado á escritora Luisa Villalta, desde o IGADI reivindicamos o valor da súa obra e do seu compromiso coa humanidade e sumámonos á celebración coa publicación en galego do novo ensaio do profesor da Universidade Católica de Lovaina, Bichara Khader. O profesor Khader é un dos grandes especialistas no mundo árabe contemporáneo e nas cuestións euro-árabe e euro-mediterráneas; pois as Letras galegas, tamén, están no mundo e ven o mundo desde aquí.

Un Día das Letras cheo de solidariedade internacional: O IGADI publica o último ensaio de Bichara Khader “Palestina, a traxedia permanente (1946-2024): Unha chamada para espertar a Europa” Ler máis »

igadi annual report 2023 2024 424x600 1

Publicamos o noso informe anual de relacións internacionais e política global, dispoñible a 17ª edición do IGADI Annual Report

O IAR 23-24 achégase ao estado do planeta, unha vez superado o segundo aniversario da invasión rusa a Ucraína, que coincide co ano electoral máis importante de todos os tempos e co impacto global da invasión a Gaza de Israel.

Publicamos o noso informe anual de relacións internacionais e política global, dispoñible a 17ª edición do IGADI Annual Report Ler máis »

XIVSimposio

Inscríbete na XIV edición do Simposio Electrónico Internacional de Política China (21 e 22 de marzo)

O Simposio organizado polo IGADI-Observatorio de la Política China cumpre neste 2024 a súa decimo cuarta edición, abrindo unha nova época baixo a dirección de Raquel Isamara León de la Rosa. O Simposio evoluciona o seu formato, que agora concentrarase por medio de dous días de sesións temáticas en tempo real. Na edición deste 2024 colabora Casa Asia, que participará na inauguración por medio do seu Director, Javier Parrondo.

Inscríbete na XIV edición do Simposio Electrónico Internacional de Política China (21 e 22 de marzo) Ler máis »

Capa TE 46

Publícase o Tempo Exterior 46: Reflexións sobre paz, dereitos humanos e protección en contextos de conflito

O Tempo Exterior continua a súa terceira etapa histórica baixo a dirección do profesor da Universidade de Vigo Celso Cancela, achegándose no número 46 de maneira monográfica á paz, os dereitos humanos e a protección en contextos de conflitos. O número especial, coordenado por Mónica López Viso (Universidade de Vigo) e Joao Casqueira (Universidade Fernando

Publícase o Tempo Exterior 46: Reflexións sobre paz, dereitos humanos e protección en contextos de conflito Ler máis »

Cartel final Seminario BUAP IGADI

A Universidade Benemérita de Puebla (México) e o IGADI organizan o 19 de maio un Seminario internacional “Comercio e Relacións Internacionais post-pandémicas”

O próximo venres 19 de maio (17h en España) realizarase un Seminario internacional online vinculado ao número 45 da nosa publicación semestral, Tempo Exterior (xullo-decembro 2022). O número, coordenado polos profesores da Universidade Benemérita de Puebla, Raquel Isamara León de la Rosa (Consello de Investigación do IGADI e Directora do Observatorio de la Política China)

A Universidade Benemérita de Puebla (México) e o IGADI organizan o 19 de maio un Seminario internacional “Comercio e Relacións Internacionais post-pandémicas” Ler máis »

Asinamos acordos de colaboración coa Asociación Internacional de Estudos Galegos, a Revista Murguía e a Juventude Unida dos Países da Língua Portuguesa

Os acordos de colaboración asinados ao longo do primeiro cuadrimestre deste 2023 aspiran a sistematizar a relación co IGADI e a visibilizar os intereses compartidos entre as tres entidades. A formalización dos acordos procura sinerxías e complementariedades no traballo ordinario das organizacións, así como oportunidades de colaboración concretas, reforzando os intereses comúns arredor da proxección

Asinamos acordos de colaboración coa Asociación Internacional de Estudos Galegos, a Revista Murguía e a Juventude Unida dos Países da Língua Portuguesa Ler máis »