Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 6. Europa (I): A Unión Europea
Ao analizar o continente europeo, destaca, como non podería ser doutro xeito, o Regulamento de Intelixencia Artificial (xa referido anteriormente como RIA), o 13 de marzo de 2024 polo Parlamento Europeo. Trátase, sen dúbida, da normativa máis coñecida e comentada a nivel internacional, non só polo seu carácter pioneiro e polo alcance ambicioso do proxecto, senón tamén pola vontade explícita da UE de crear un texto xuridicamente vinculante en materia de IA, coa finalidade de establecer un estándar global e provocar o coñecido efecto Bruxelas.














