Noticias

As novas dan conta das actividades máis destacadas do IGADI, como o lanzamentos das nosas publicacións, o inicio dalgún proxecto, a participación nalgunha actividade concreta, etc.

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Cal é o estado do planeta? Xa dispoñible o IGADI Annual Report 25-26

A 19º edición do anuario de relacións internacionais e política global do IGADI, perfila as principais dinámicas da sociedade internacional durante o 2025 así como as perspectivas dos acontecementos en curso no 2026. Marcado pola Presidencia do Donald Trump 2.0 e a erosión total do sistema de normas occidentais polo seu arquitecto principal, os Estados Unidos de América, a gobernanza global profundiza na inestabilidade.

Cal é o estado do planeta? Xa dispoñible o IGADI Annual Report 25-26 Ler máis »

Pensalo2Veces

O IGADI solicita á Xunta que reconsidere a participación de Galicia na UNESCO e ONU Turismo

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (1991-2026) manifesta a súa preocupación ante a negativa expresada pola Xunta de Galicia a contar cunha representación propia no seo da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) e ONU Turismo, nun contexto no que o Goberno de España está a traballar para facilitar a presenza de Euskadi e Cataluña nestas institucións internacionais.

O IGADI solicita á Xunta que reconsidere a participación de Galicia na UNESCO e ONU Turismo Ler máis »

temex51capa

O Tempo Exterior 51 céntrase na diplomacia das diásporas no S.XXI desde unha perspectiva global

O novo número da publicación académica do IGADI foi coordenado por Camelia Tigau, investigadora do Centro de Investigacións sobre América do Norte, da Universidad Nacional Autónoma de México. O número 51 continúa os avances do portal Open Journal System do Tempo Exterior, que renovou a súa imaxe gráfica no ano 2025, coincidindo co número 50 da publicación histórica do IGADI.

O Tempo Exterior 51 céntrase na diplomacia das diásporas no S.XXI desde unha perspectiva global Ler máis »

ciclo conferencias estudos europeus.392x0 is pid2428350

O Observatorio Galego da Lusofonía do IGADI participa no Ciclo de Estudos Europeus da Universidade de Coimbra o 2 de decembro

O OGALUS, nacido no 2008, como proxecto estratéxico do IGADI, acumula ducias de análises, publicacións e actividades académicas e divulgativas variadas, conectando a Galicia aos países e territorios de lingua oficial portuguesa.

O Observatorio Galego da Lusofonía do IGADI participa no Ciclo de Estudos Europeus da Universidade de Coimbra o 2 de decembro Ler máis »

pt Visita CCCM Galicia 1 1

Visita do Centro Científico e Cultural de Macau a Galicia: unha semana de diálogo e cooperación con Portugal e a lusofonía pensando en China

Do 27 ao 31 de outubro de 2025, unha delegación do Centro Científico e Cultural de Macau (CCCM) desenvolverá unha intensa axenda de traballo en diferentes cidades galegas —Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo— para fortalecer os lazos institucionais, académicos, económicos e culturais entre a Galicia e Portugal. As actividades enmárcanse dentro dun proxecto de mobilidades do Erasmus+. Colaboran desinteresadamente coas actividades ducias de persoas e entidades de Galicia.

Visita do Centro Científico e Cultural de Macau a Galicia: unha semana de diálogo e cooperación con Portugal e a lusofonía pensando en China Ler máis »

Cartel xeral UE Glocal2a edicion

Inscríbete na 2ª edición da Unión Europea Glocal e participa no programa da IGADI TV

O IGADI pon en marcha a segunda edición do proxecto “A Unión Europea desde unha perspectiva Glocal”, que ofrece un Ciclo de Conferencias en formato programa de TV online, con cinco episodios de unha hora de duración cada un. As persoas inscritas recibirán un certificado de asistencia de 5 horas emitido pola UNED Pontevedra. Ademais, editarase unha publicación final en castelán, portugués e inglés coas conclusións do ciclo.

Inscríbete na 2ª edición da Unión Europea Glocal e participa no programa da IGADI TV Ler máis »