Unión Europea : Liña de investigación

A Unión Europea ten un impacto directo na autonomía galega desde a Adhesión en 1986. A maioría das políticas públicas e lexislación de competencia autonómica (medio ambiente, contratación pública, pesca e agricultura, transportes, etc.) teñen a súa orixe na lexislación comunitaria. A UE é tamén a principal fonte de fondos de investimento da autonomía galega: desde a entrada nas comunidades europeas, Galicia ten  sido o quinto maior receptor de Fondos Estruturais, totalizando o equivalente a un orzamento e medio da Xunta de Galicia. 

A Liña de Investigación en Unión Europea  do IGADI ten por tanto un carácter interdisciplinario e complementario coas liñas de investigación de paradiplomacia e economía. Igualmente se ben prioriza unha perspectiva galega no proceso de integración europea, acollerá tamén aportacións sobre este tema desde outros territorios e perspectivas. 

Coordinador: Serafín Pazos Vidal 

400fotopaulalamoso

Lamoso González

Paula Lamoso é Doutora en Dereito, Goberno e Políticas Públicas pola Universidade Autónoma de Madrid. Experta en Diplomacia da Unión Europea (SEAE – AR/VP – Parlamento Europeo) e creación de Institucións en organizacións internacionais-rexionais.

Lamoso González Ler máis »


Artigos de Lamoso González, Paula

Xeración Igualdade: Unha política exterior feminista para un mundo máis seguro.

Apartados xeográficos Outros
Xa entrados no 2020, ningún país do mundo, nin tan sequera os máis avanzados, lograron pechar a fenda de xénero, particularmente polo que respecta aos ámbitos político e económico. A discriminación contra as mulleres segue a ser persistente en todo o planeta, especialmente nos países menos desenvolvidos. Ademais, as crises sempre teñen efectos moito máis […]

Brasil - EEUU: oportunidade para a UE?

Apartados xeográficos Latinoamérica
Liñas de investigación Observatorio Galego da Lusofonía
Como punto de partida, cómpre sinalar que as relacións entre Brasil e EEUU non se caracterizan pola súa constancia senón pola sucesión dunha alternancia de filias e fobias(1). Mentres que durante os anos de mandato de Lula Da Silva (2003-2011), as relacións entre ambos países foron notablemente tensas, a situación cambiou dende que Dilma Rousseff […]

Oportunidades para Galicia no Cumio bilateral España-Brasil

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Observatorio Galego da Lusofonía
Entre os días 15 e 16 de Novembro tivo lugar na cidade de Cádiz o XXII Cumio Iberoamericano. O principal tema de debate foi a actual situación económica mundial e o principal obxectivo, a busca de fórmulas conxuntas de actuación para saír da crise. Con ese ánimo apelouse á necesidade de empregar fórmulas de crecemento […]

Achegamento entre Portugal e Brasil: unha oportunidade para Galicia?

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Observatorio Galego da Lusofonía
Ao longo da historia, as relacións entre Portugal e Brasil non teñen sido todo o fluídas que cabería esperar tendo en conta a súa proximidade cultural. Isto débese, en grande medida aínda que non só, aos estereotipos creados sobre os emigrantes portugueses en Brasil durante finais do século XIX e principios do século XX.

Brasil 2012: Gañadores e perdedores nas eleccións municipais

Apartados xeográficos Latinoamérica
Liñas de investigación Observatorio Galego da Lusofonía
No mes de Outubro celebráronse as eleccións municipais en Brasil. A primeira volta tivo lugar o día 7, e a segunda, determinante para os concellos de máis de 200.000 habitantes, o pasado día 28. O interese destes comicios é maiúsculo debido a que os partidos que consigan o maior número de alcaldías, ou polo menos […]

A acción exterior nos programas electorais: autonómicas galegas 2012

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
A acción exterior é de vital importancia para Galicia. Por iso, a maioría das forzas políticas que concorren ás eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo 21 de outubro incorporan no seu programa electoral, en maior ou menor media, un apartado referente ao papel que Galicia debe desempeñar no mundo. Os dous partidos maioritarios, PPdeG […]

Peña Nieto explora unha alianza con Brasil

Apartados xeográficos Latinoamérica
O protagonismo de América Latina no contexto internacional actual relaciónase co feito de constituír unha das áreas máis importantes en termos económicos. Como consecuencia do seu recente desenvolvemento e das históricas disputas entre os seus gobernos é, á par, difícil e sumamente necesario, identificar un líder rexional que asuma a tarefa de interlocución co resto […]
davidreinero

Reinero González

(Nigrán, 1979) Licenciado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Master en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora co Igadi desde 2001. Xornalista especializado en información política, en particular na fiscalización das administracións públicas. Traballa en Praza Pública (Praza.gal) tras pasar por El País, eldiario.es, Xornal de Galicia e Atántico

Reinero González Ler máis »


Artigos de Reinero González, David

Fotografía Praza Pública

Trumpismo en Angrois

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Unión Europea
Donald Trump leva varias semanas humillando a Europa. Así o cren opinadores moi serios a un e outro extremo do espectro ideolóxico que dan por feito que o menos malo de todos os artefactos políticos construídos polo ser humano, a Unión Europea, está ferida de morte. Pero mesmo febles, as institucións comunitarias aínda son quen de […]
Na fotografía, de esquerda a dereita, Rubén Lois (USC), Tino Santiago (IGADI), Bichara Khader, Daniel González Palau (IGADI) e David Rodríguez (Fundación Araguaney)

Entrevista a Bichara Khader "O espertar da sociedade, tamén da galega, é útil para o pobo palestino"

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Bichara Khader (Zababdeh, Palestina, 1944), profesor emérito da Universidade Católica de Lovaina, é especialista nas relacións euro-árabes. De pai protestante e nai católica, a súa vila natal do norte da actual Cisxordania tiña catro igrexas e dúas mesquitas, con musulmáns, católicos, ortodoxos ou melquitas convivindo no día a día. Unha situación moi diferente ao conflito permanente que se vive en oriente próximo desde hai décadas e a cuxa solución tenta contribuír Khader coas súas reflexións desde o mundo académico.
Un Alvia en Angrois, Fonte: CC-BY-SA Praza Pública

A UE desembarca no xuízo de Angrois: as institucións comunitarias como amparo da cidadanía

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Unión Europea
O xoves 7 de xullo de 2016, case tres anos despois do accidente de Angrois, o máis grave nas últimas décadas en Europa, con 80 persoas mortas e 144 feridas, a investigación do sinistro mudou por completo. Aquel día a UE fixo público un informe da Axencia Ferroviaria Europea que invalidou a investigación técnica oficial […]

Angrois, ou como o respecto pola cidadanía fai Europa

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Paradiplomacia
Para cando Jesús e Teresa interviron en Bruxelas ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, en España xa foran expulsados varias veces do Congreso dos Deputados, do Senado e do Parlamento de Galicia. Na Eurocámara, pola contra, a Jesús e Teresa deixóuselles mesmo proxectar un documental coas súas reivindicacións.

Menos mal que a culpa foi de Portugal

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Todos os gobernos se trabucan. Algúns rectifican, aínda que a maioría non o fan se a cidadanía non protesta. Pero para que poidan protestar, os afectados antes teñen que saber que o goberno vai tomar unha decisión que lles vai molestar. Canto máis tarde a cidadanía en saber desa decisión, máis tardará en protestar, e polo […]

Integrarse na lusofonía de costas a Portugal

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O debate sobre o estado da autonomía saldouse en materia de acción exterior cunha aparentemente contraditoria aposta en solitario do PP pola lusofonía sen achegarse máis a Portugal e coa acusación unánime de todo o Parlamento de Galicia contra Noruega de incumprir o Convenio Europeo de Dereitos Humanos.

A cimeira do piche

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
160.000 euros foi o custo do resultado máis visible da XXVIII Cimeira Ibérica entre España e Portugal celebrada o luns en Baiona. Ese é o importe que gastaron o Concello de Baiona, a Deputación de Pontevedra e Paradores no asfaltado dos 700 metros da estrada de acceso á fortaleza de Monterreal na que se celebrou […]

A Xunta centra (aínda máis) a acción exterior na economía

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Que a Xunta hai tempo que deixou de lado as vertentes política, social e cultural da acción exterior galega para centrarse case exclusivamente na económica era algo sabido. Pero no último mes esa tendencia non só vén de ser avalada implicitamente pola oposición senón que o Goberno galego mesmo pretende plasmala por escrito corrixindo os […]

O que se debe a Bruxelas

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
En 1986 percorrer os 80 quilómetros que separan O Porriño de Ourense supoñía máis dunha hora e media de curvas. Aquel ano Galicia entrou na entón Comunidade Económica Europea (CEE) e comezou unha chuvia de millóns que permitiu rematar en 1999 a Autovía dás Rías Baixas e reducir a viaxe a 45 minutos. Ese mesmo […]