Galicia e España ante o novo orzamento da UE: entre a centralización e o reto da competitividade
A proposta da Comisión Europea para o novo Marco Financeiro Plurianual
(MFP) 2028–2034 marca un punto de inflexión na política orzamentaria da
Unión Europea. Presentada como unha “reestruturación radical”, a realidade é máis complexa: trátase de facer moito máis co mesmo orzamento, cunha arquitectura institucional que pode ter profundas implicacións para España e, en particular, para Galicia.









