Crónicas sobre integracións europeas – apuntes e ideas para unha Europa de todxs
Un termómetro xeral para ollar a un futuro incerto…
A Unión Europea ten un impacto directo na autonomía galega desde a Adhesión en 1986. A maioría das políticas públicas e lexislación de competencia autonómica (medio ambiente, contratación pública, pesca e agricultura, transportes, etc.) teñen a súa orixe na lexislación comunitaria. A UE é tamén a principal fonte de fondos de investimento da autonomía galega: desde a entrada nas comunidades europeas, Galicia ten sido o quinto maior receptor de Fondos Estruturais, totalizando o equivalente a un orzamento e medio da Xunta de Galicia.
A Liña de Investigación en Unión Europea do IGADI ten por tanto un carácter interdisciplinario e complementario coas liñas de investigación de paradiplomacia e economía. Igualmente se ben prioriza unha perspectiva galega no proceso de integración europea, acollerá tamén aportacións sobre este tema desde outros territorios e perspectivas.
Un termómetro xeral para ollar a un futuro incerto…
É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar
Reseña do libro “ Paradiplomacia en Europa. Os casos de Galicia, Åland, Flandes e Groenlandia” publicada orixinalmente no Blog da Regional Studies Association
Os procesos europeos poden semellar inintelixibles para os concelleiros e deputados locais. A xestión cotiá do territorio, a responsabilidade cidadá, os proxectos en marcha… non deixan tempo nin oportunidade para profundar no nivel comunitario. No entanto, existe unha obriga de aplicar as regras da UE, e os diferentes fondos rexionais son instrumentos clave para a política pública local.
O IGADI seguiu a avanzar durante o 2022 da man do documento programático elaborado entre o 2018 e o 2019 “Liñas 2021: Un tempo novo para o IGADI e a paradiplomacia galega”. O documento que serviu de guía para o traballo nos últimos catro anos, achégase ao seu final trala aparición da web nova e …
O informe recóllese nunha obra editada e financiada pola Coppieters Foundation que será presentada o vindeiro venres 10 de febreiro ás 20h na Casa das Campás (Universidade de Vigo) de Pontevedra. O documento, que analiza en perspectiva comparada a proxección global e as políticas de acción exterior de catro gobernos intermedios europeos, Galicia, Illas Aland, …
In this monographic issue of Tempo Exterior several EU practitioners with more than 20 years of experience in the representation of territorial interests towards and in the European institutions and the community decision-making process provide their personal perspective on their practice. Although there has been extensive academic literature on so-called territorial mobilization since the 1980s …
O xoves 7 de xullo de 2016, case tres anos despois do accidente de Angrois, o máis grave nas últimas décadas en Europa, con 80 persoas mortas e 144 feridas, a investigación do sinistro mudou por completo. Aquel día a UE fixo público un informe da Axencia Ferroviaria Europea que invalidou a investigación técnica oficial …
O Tempo Exterior, a revista semestral de estudos internacionais do IGADI, xa está dispoñible na web (igadi.gal). A descarga é gratuíta. O número conta co apoio publicitario da Deputación da Coruña, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, así como a colaboración da SX de Política Linguística da Xunta de Galicia. O número coordinado por …