Unión Europea : Liña de investigación

A Unión Europea ten un impacto directo na autonomía galega desde a Adhesión en 1986. A maioría das políticas públicas e lexislación de competencia autonómica (medio ambiente, contratación pública, pesca e agricultura, transportes, etc.) teñen a súa orixe na lexislación comunitaria. A UE é tamén a principal fonte de fondos de investimento da autonomía galega: desde a entrada nas comunidades europeas, Galicia ten  sido o quinto maior receptor de Fondos Estruturais, totalizando o equivalente a un orzamento e medio da Xunta de Galicia. 

A Liña de Investigación en Unión Europea  do IGADI ten por tanto un carácter interdisciplinario e complementario coas liñas de investigación de paradiplomacia e economía. Igualmente se ben prioriza unha perspectiva galega no proceso de integración europea, acollerá tamén aportacións sobre este tema desde outros territorios e perspectivas. 

Coordinador: Serafín Pazos Vidal 

f1

Coloret

É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar

O Comité Europeo das Rexións (CDR) é a voz das rexións e cidades da Unión Europea (UE). Representa ás autoridades locais e rexionais de toda a Unión Europea e asesora sobre novas leis que inciden nas rexións e cidades (70 % da lexislación comunitaria).

Xa está aberto o “Erasmus para os representantes do territorio”

Liñas de investigación Paradiplomacia Unión Europea
Apartados xeográficos Europa

Os procesos europeos poden semellar inintelixibles para os concelleiros e deputados locais. A xestión cotiá do territorio, a responsabilidade cidadá, os proxectos en marcha… non deixan tempo nin oportunidade para profundar no nivel comunitario. No entanto, existe unha obriga de aplicar as regras da UE, e os diferentes fondos rexionais son instrumentos clave para a política pública local.

paradiplomacy in europe

Venres 10 de febreiro en Pontevedra presentamos “A Paradiplomacia en Europa: Os casos de…” coa Fundación Galiza Sempre

O informe recóllese nunha obra editada e financiada pola Coppieters Foundation que será presentada o vindeiro venres 10 de febreiro ás 20h na Casa das Campás (Universidade de Vigo) de Pontevedra. O documento, que analiza en perspectiva comparada a proxección global e as políticas de acción exterior de catro gobernos intermedios europeos, Galicia, Illas Aland, …

Venres 10 de febreiro en Pontevedra presentamos “A Paradiplomacia en Europa: Os casos de…” coa Fundación Galiza Sempre Ler máis »

tempoexterior 44 web 550x790 350x503 1

Presentation Tempo Exterior 44: Twenty years of representation of territorial governments in the EU

Liñas de investigación Paradiplomacia Unión Europea
Apartados xeográficos Europa

In this monographic issue of Tempo Exterior several EU practitioners with more than 20 years of experience in the representation of territorial interests towards and in the European institutions and the community decision-making process provide their personal perspective on their practice. Although there has been extensive academic literature on so-called territorial mobilization since the 1980s …

Presentation Tempo Exterior 44: Twenty years of representation of territorial governments in the EU Ler máis »

Un Alvia en Angrois, Fonte: CC-BY-SA Praza Pública

A UE desembarca no xuízo de Angrois: as institucións comunitarias como amparo da cidadanía

Liñas de investigación Unión Europea
Apartados xeográficos Europa

O xoves 7 de xullo de 2016, case tres anos despois do accidente de Angrois, o máis grave nas últimas décadas en Europa, con 80 persoas mortas e 144 feridas, a investigación do sinistro mudou por completo. Aquel día a UE fixo público un informe da Axencia Ferroviaria Europea que invalidou a investigación técnica oficial …

A UE desembarca no xuízo de Angrois: as institucións comunitarias como amparo da cidadanía Ler máis »

Tempo exterior Nº 44 - Xaneiro-Xuño/2022 "Distribuir contido Representación dos gobernos territorias na UE. Experiencias e prácticas​"

Publícase o Tempo Exterior nº44 acompañando o Día nacional de Galicia “Representación dos gobernos territorias na UE. Experiencias e prácticas”

O Tempo Exterior, a revista semestral de estudos internacionais do IGADI, xa está dispoñible na web (igadi.gal). A descarga é gratuíta. O número conta co apoio publicitario da Deputación da Coruña, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, así como a colaboración da SX de Política Linguística da Xunta de Galicia. O número coordinado por …

Publícase o Tempo Exterior nº44 acompañando o Día nacional de Galicia “Representación dos gobernos territorias na UE. Experiencias e prácticas” Ler máis »