Despois de explorar as bases dos significados da UE como un actor internacional glocal (1ª edición 2024) e o legado de catro décadas de presenza de España na construción da UE Glocal (2ª edición 2025), na terceira edición será o momento de facer balance e ollar cara ao futuro: Que papel xoga a Unión Europea nun mundo en transformación? Como poden as nosas cidades e rexións participar dos novos rumbos de Bruxelas? Cal é a natureza da UE Glocal cando ollamos ao futuro de maneira estratéxica?
Para dar resposta o IGADI desenvolve a 3ª edición do proxecto entre os meses de agosto e setembro deste 2026, contando coa participación de investigadores asociados ao proxecto nas passadas edicións xunto a destacadas incorporacións. Nun equipo coordenado por Serafín Pazos, Patricia Coloret e Daniel González Palau, xunto a un equipo de primeiro nivel, a terceira monografia sobre a UE Glocal, así como o programa do 29 de setembro na IGADI TV, terán unha atención especial as relacións entre a UE e Latinoamérica, no marco da XXX Conferencia Iberoamericana, que se celebrará en Madrid o 4 e 5 de novembro.
Para participar no programa de TV e preguntar en directo as nosas expertas será necesaria a inscrición previa na plataforma da UNED, que dará dereito a un certificado de participación. Coñece o programa a fondo, incríbete e fai parte da 3ª edición da Unión Europea con perspectiva Glocal.
Para calquera consulta podes escribir a info@igadi.gal
