Cartel IGADI v2 pdf

As Xornadas “Ferrol no mundo: Iberoamérica e o diálogo Oriente-Occidente” celébranse o 10 de novembro

Co apoio do Campus Industrial de Ferrol e Casa Asia organizamos o próximo venres 10 de novembro desde as 10 da mañá unhas Xornadas para conectar a Galicia coa China. Participarán expertas en xeopolítica, relacións internacionais e Axenda 2030, así como especialistas nas relacións entre España e China, especificamente no ámbito universitario.
Palabras chave marketing territorial

As Xornadas, concibidas no marco do Convenio asinado a finais do 2022 entre a Universidade da Coruña e o IGADI para apoiar a internacionalización da UDC, prodúcense despois da realización do Informe elaborado polo IGADI “Conectar o Campus Industrial de Ferrol a Asia e a China”.

O informe identificou unha diagnose e unha folla de ruta para conectar o CIF á Asia e China de maneira especializada no próximo trienio, na ollada longa das próximas décadas. O obxectivo da folla de ruta céntrase na promoción de maiores intercambios académicos e estudantís, que podan ser tractores de mellores relacións económicas e socioculturais entre Galicia e China poñendo Ferrol no centro.

As Xornadas contan coa colaboración do Concello de Ferrol, que abrirá as Xornadas ás 10h coa participación do Alcalde, José Manuel Rey Varela. O Director de Casa Asia, Javier Parrondo, clausurará o evento ás 14h.

Todas aquelas persoas interesadas en asistir ás xornadas “Ferrol no mundo do Século XXI: Iberoamérica e o diálogo Oriente-Occidente” terán que inscribirse enviando un correo electrónico cos seus datos persoais a internacionalizacion.campus.industrial@udc.gal, ou ben chamando ao 881 01 3694 antes das 14:00 horas do xoves 9 de novembro. A asistencia é gratuíta e as prazas limitadas


Ferrol no mundo: Iberoamérica e o diálogo Oriente-Occidente

(Salón de Graos da Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol)

10:00 Sesión de apertura

  • Presenta: Tino Santiago, xornalista
  • Vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre
  • José Manuel Rey Varela, Alcalde de Ferrol
  • Ana Isabel Ares Pernas, Directora do Campus Industrial de Ferrol
  • Manuela del Pilar Santos Pita, Decana da Facultade de Humanidades e Documentación
  • Daniel González Palau, Director do IGADI

10:30 2ª Sesión: O diálogo iberoamericano con China

  • Presenta e modera: Llerena Perozo, Escritora e investigadora asociada do IGADI
  • Raquel Isamara León de la Rosa, Directora do Observatorio da Política China-IGADI, Benemérita Universidad Autónoma de Puebla, México
  • Miguel Otero, Investigador principal do Real Instituto Elcano e profesor do IE School of Politics, Economics and Global Affairs

12:00-12:30 Café

12:30 3ª Sesión: As universidades na Axenda 2030: Alianzas para o coñecemento, a paz e a prosperidade. O Campus Industrial de Ferrol nas relacións universitarias España-China.

  • Presenta e modera: Félix Puime, Coordinador do Grao en Relacións Internacionais (Campus Industrial de Ferrol)
  • Pan Zhen, Universidade Tecnolóxica de Guandong, Director da Academia de Gobernanza Global e Estudos de Área. (Online desde Guandong)
  • Ramón Pedro Artiaga Díaz, Universidade da Coruña, Grupo PROTERM Campus Industrial de Ferrol. (Online desde Nanjing)
  • Luo Huiling, Profesora Universidade Complutense de Madrid, Grupo de Investigación Sinoloxía Española Complutense (GISEC, UCM)
  • Andrés Herrera-Feligreras, Presidente Fundación Qili Fundazioa
  • Daniel González Palau, Director do IGADI

14h Clausura

  • Javier Parrondo, Director de Casa Asia
  • Marola Padín Novas, Vicedirectora do IGADI