IGADI IDEGA ICCPPCH 300624

Encontro co Instituto de Ciencia Política-Academia das Ciencias Sociais da China

O sábado 29 de xuño o IGADI recibiu no Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), unha delegación do Instituto de Ciencia Política-Academia das Ciencias Sociais da China, encabezada polo seu Vicepresidente, Fan Jianxin.
Palabras chave China UE

O Encontro contou cunha primeira parte onde a Xunta Directiva do IGADI e o Instituto chinés coñeceron as súas liñas de investigación e proxectos en marcha, así como avaliaron posibles liñas de traballo a desenvolver en colaboración, na procura dun maior coñecemento mutuo entre Europa e China.

Posteriormente uníronse ao encontro distintos especialistas da Universidade de Santiago e da Universidade da Coruña, cos que se estableceu un diálogo e discusión arredor das relacións UE-China e os distintos desafíos da gobernanza global.

Discusión IGADi ICCPPCh