hablamosdeeuropa programaueglocalcastelan

Falamos de Europa desde Aquí: Investigación e programa na IGADI TV sobre a Unión Europea como organización internacional Glocal

Grazas á Convocatoria para a celebración de accións de comunicación e actividades divulgativas 2024 da Secretaría de Estado da Unión Europea (Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación), o proxecto impulsa un Ciclo de Conferencias en forma de programa de tv online. Producirase unha publicación final que desde o galego será traducida ao castelán e ao inglés.

Froito do traballo do Consello de Investigación do IGADI, para a comprensión orixinal da UE como unha organización internacional Glocal, constituíuse un grupo plural arredor das Liñas de Investigación do IGADI en: Unión Europea (Serafín Pazos e Paula Lamoso), Economía (Diego Sande) e Cooperación Internacional e Axenda 2030 (Tamara Espiñeira e Raquel Isamara León de la Rosa). Os Coordenadores do grupo serán Daniel González Palau (Director do IGADI) e Patricia Coloret (Responsable de RSC do IGADI), que será tamén a presentadora do programa na IGADI TV (canle de youtube do IGADI).

“A Unión Europea dende unha perspectiva Glocal” repartirase en cinco episodio, tendo como principais especialistas convidadas aos membros do Grupo de investigación do IGADI, que como nun programa de tv, contará con convidados sorpresa moi especiais. Todos os episodios serán ás 20h.

Martes, 1 de outubro, con Serafín Pazos “Que fai a UE nas rexións europeas?”

Xoves, 3 de outubro, con Diego Sande “Que son os Fondos Europeos? Como chegan a Galicia e as rexións europeas?”

Martes, 8 de outubro, con Paula Lamoso “A Acción Exterior da Unión Europea como axente global: debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades”

Xoves, 10 de outubro, con Raquel Isamara León de la Rosa “A Unión Europea, América e China no século XXI”

Martes, 15 de outubro, con Tamara Espiñeira “A Unión Europea e os Dereitos Humanos”.

Podes ver toda a información do proxecto na súa web ueglocal.hub.gal e inscribirte para participar online e conseguir o teu certificado aquí.