Fernando Pérez-Barreiro Nolla, memoria dun legado perdurable

Baixo a coordinación e edición de Xulio Ríos, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org), Edicións do Cumio, . ven de publicar o libro O perdurable legado de Fernando Pérez-Barreiro Nolla, que ofrece unha recompilación de diversos artigos e impresións sobre o célebre ensaísta e galeguista, a un lustro do seu pasamento acaecido en Lancaster (Inglaterra) o 4 de xaneiro de 2010.

Entre os diversos textos, este libro reúne as palabras pronunciadas durante unha primeira homenaxe á súa figura realizada en Baiona o 7 de xaneiro de 2011, entre os que destacan a súa dona, Teresa Barro, e escritores e amigos de Fernando Pérez-Barreiro Nolla, tales como Xosé Luís Franco Grande, Fracisco Silva Castaño, Nicolás Vidal, Franciso Xosé Fernández Naval e Xulio Ríos.

A continuación, o libro reproduce as análises e comentarios que sobre a súa traxectoria realizaron por iniciativa propia diversos autores como Luís Álvarez Pousa, Craig Patterson, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Pereiro, Xosé Luís Rodríguez Pardo, Eduardo Punset, Vera Ríos e Emilio Xosé Insúa, entre otros, e que foron publicados entre 2010 e 2013 en diversos medios como Faro de Vigo, Galicia Hoxe, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, Diario de Ferrol, La Opinión, El País e  Muy Interesante, entre outros, previamente recompilados na web do IGADI, proxecto ao que Pérez-Barreiro dedicou boa parte do seu tempo nos derradeiros anos da súa vida, en particular como membro destacado do seu Consello Asesor. Finalmente, o libro inclúe a longa entrevista publicada na revista Grial (Nº 167, 2005) que recolle aspectos biográficos e conceptuais que nos permiten unha aproximación á súa figura e ao seu pensamento.