IGADI Conferencias Chiberica 16x9 horzontalpt

Inscríbete gratuitamente nas primeiras Xornadas Online Chibérica, 9, 10 e 11 de xullo

No marco do Protocolo Xeral de Actuación entre Casa Asia e o IGADI-Observatorio da Política China, as Xornadas de Chibérica queren ser un punto de encontro entre Portugal e España para pensar na China do século XXI.

As Xornadas inspíranse na publicación do libro coordinado por Xulio Ríos e Jorge Tavares “Chibérica: Visiones ibéricas de la China contemporánea” (Editorial Popular, 2023) que promoveu unha mirada compartida sobre as relacións entre España, Portugal e China.

En 2024 e baixo o obxectivo xeral dunha mellor comprensión da China contemporánea, desde unha perspectiva europea e especificamente ibérica, as Xornadas reunirá a seis especialistas, españois e portugueses, a través de bloques temáticos sobre Economía, Política e Sociedade.

As Xornadas desenvolveranse en tres sesións de 1 hora de duración, o martes 9, o mércores 10 e o xoves 11 de xullo, entre as 20.00 e as 21.00 horas (hora española). En todas as Sesións haberá intervencións iniciais das especialistas convidadas (10-15 mins de duración) e dispor de media hora final para as preguntas do público e o debate entre as persoas participantes.

Para participar nas Xornadas é necesaria a inscrición previa no seguinte formulario. As persoas que participen nas tres sesións terán dereito a un certificado de asistencia.

1ª Sesión, Economía (20:00 horas, martes 9 de xullo)

Palabras de benvida á Xornada: Representante de Casa Asia
Presenta e modera: Daniel González Palau, director do IGADI e Raquel Isamara León de la Rosa, directora Observatorio de la Política China

– Enrique Fanjul, Técnico Comercial e Economista do Estado. Socio fundador de Iberglobal. Membro do Consello Asesor do Real Instituto Elcano.
– Fernanda Ilheu, Presidente da Associação Amigos da Nova Rota da Seda e investigadora do CSG do ISEG da Universidade de Lisboa.
Preguntas e debate final.

2ª Sesión, Política (20.00 horas, mércores 10 de xullo)

Presenta e modera: Daniel González Palau, director do IGADI, e Raquel Isamara León de la Rosa, directora Observatorio de la Política China

– Inés Arco Escriche, Investigadora de CIDOB-Línea de geopolítica, especializada en Asia Oriental y política china.
– Luis Tomé, Profesor Titular e Director do Departamento de Relacións Internacionais da Universidade Autónoma de Lisboa (UAL)
Preguntas e debate final.

3ª Sesión, Sociedade (20.00 horas, xoves 11 de xullo)

Presenta e modera: Daniel González Palau, director do IGADI, Raquel Isamara León de la Rosa, directora Observatorio de la Política China

– Anna Ferrer Gil, Historiadora especializada en historia contemporánea de China
– Irene Rodrigues, Doutora en Antropoloxía, Profesora e Investigadora do Instituto do Oriente e do Centro de Administración e Políticas Públicas do ISCSP-ULisboa
Preguntas e debate final.