sei 2026

Inscríbete no XVI Simposio de Política China: 12 e 13 de marzo do 2026

A XVI edición será dedicada a Milton Reyes, membro da RIBSI de Ecuador, recentemente falecido.

O Simposio, organizado polo IGADI-Observatorio de la Política China baixo a dirección de Raquel I. León de la Rosa, desenvolverase por medio dunha Conferencia maxistral arredor da posición de China diante dos conflictos en Oriente Medio: de Gaza a Irán (Inés Arco, CIDOB) e 10 sesións temáticas. O Simposio envolverá a 50 investigadoras de 11 países iberoamericanos, con sesións en castelán, portugués e inglés.

Desde a traxectoria histórica do formato ideado por Xulio Ríos no ano 2010, o Simposio electrónico de Política China combina a participación de sinólogas e sinólogos de referencia, ligadas a Rede Iberoamericana de Sinoloxía (RIBSI), con novos e novas investigadoras nos estudos chineses. O Simposio realízase, desde a súa primeira edición, con posterioridade ao desenvolvemento en China das Lianghui (as Dúas Sesións), a xuntanza anual da Asemblea Popular Nacional (APN) e da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chino (CCPPCh).

Podes ver nesta ligazón o conxunto do programa do XVI Simposio, que abranxe temas que van desde a Gobernanza Global, innovación tecnoloxía, pensamento político chino, feminismos…

Aínda que os vídeos do Simposio serán publicados na IGADI TV, o evento non terá emisión en directo, polo que cubrir o formulario de inscrición é un requisito necesario para participar na Sala de Zoom. A inscrición é de balde desde a seguinte ligazón.

Para obter o certificado de participación precísase a asistencia en polo menos 7 das 11 sesións do programa.