International Organization for Migration logo

Nace o Observatorio das Diásporas do IGADI, célula de universalidade no S.XXI

O Observatorio das Diásporas é un espazo creado para vincular e darlle sentido estratéxico á identidade galega no exterior, a través de vínculos académicos, sociais, culturais ou empresariais, que dignifiquen a importancia da pertenza a Galicia non só desde o seu vínculo histórico, senón desde a transcendencia internacional que teñen hoxe as diásporas. O Observatorio das Diásporas aspira a crear coñecemento, actividades, e contidos, para desenvolver a misión estatutaria do IGADI de impulsar unha política de acción exterior para Galicia.

Segundo o mandato específico da Organización Internacional para as Migracións no seo das Nacións Unidas, é fundamental traballar con e para as diásporas de cara aos Obxectivos de 2030. Para iso hai que entender que unha diáspora é un "Grupo de migrantes ou descendentes de emigrantes", cuxa Identidade e sentimento de pertenza, real ou simbólico, parte da súa experiencia e da súa orixe migratoria. Os membros da diáspora manteñen vínculos co seu país de orixe e entre si, baseados nunha historia e identidade compartidas ou experiencias comúns no país de destino”.

Actualmente, un (1) de cada seis (6) galegos reside no estranxeiro. Esta declaración publicada polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións de España dános a coñecer a magnitude da diáspora galega e as súas características singulares, completamente diferentes ás doutras rexións españolas.

En todo o mundo, as comunidades teñen un grao crecente de diversidade, multiculturalidade e interconexión, que se debe en gran medida ás diásporas; mantendo vínculos cos seus países de orixe ou patrimonio. Iso pode ter efectos multiplicadores enormemente beneficiosos, non só para os negocios e o comercio global; pero no intercambio cultural e nas relacións diplomáticas, animando aos gobernos a que teñan en conta as súas diásporas nos plans e programas de desenvolvemento nacionais.

A través deste Observatorio Das Diásporas e con este claro obxectivo, prestarase especial interese á visibilización dos logros actuais e futuros tanto da diáspora galega no exterior como dos que habitan o territorio de Galicia como parte da Rede Global IDIASPORA de Nacións Unidas cuxa finalidade é interactuar coa comunidade global e vincular a aqueles que queren traer cambios positivos a través de redes, recursos e oportunidades para forxar un futuro mellor.