O curso “As Nacións Unidas no mundo do S.XXI: gobernanza global, Axenda 2030 e papel de Asia” desenvolverase en tres sesións de dúas horas de duración cada unha (mércores 7, 14 e 21 de outubro de 2026, entre as 18h e as 20h) e as Xornadas abertas “Ferrol no mundo do S.XXI” (mércores 28 de outubro, 16h-20h) que na súa cuarta edición terán por tema “O diálogo Oriente-Occidente e a gobernanza mundial en transformación”.
O Curso que contará coa participación de Leticia Álvarez Reguera (Responsable de Comunicación da ONU para España e Andorra) está aberto á comunidade da UDC e á participación dos axentes económicos, institucionais e socioculturais de Ferrol e a comarca, así como á cidadanía en xeral.
As prazas son limitadas. Pode inscribirse desde esta ligazón. O IGADI emitirá un certificado de asistencia ao alumnado que completase as 10 horas de duración do curso. Para calquera dúbida ou suxerencia pode dirixirse a info@igadi.gal
As Nacións Unidas no mundo do S.XXI: gobernanza global, Axenda 2030 e papel de Asia
| Mércores 7 de outubro, 18h-20h | Contidos |
| Sesión 1: O sistema das Nacións Unidas nun mundo multipolar: o papel do Sur Global Imparte: Christoph Schreinmoser (IGADI) | Evolución histórica da ONU, Transformación da gobernanza global, Crecente peso do Sur Global, Papel de Asia e China nas institucións multilaterais, Reformas e debates sobre o sistema internacional |
| Mércores 14 de outubro, 18h-20h | Contidos |
| Sesión 2: Axenda 2030 e gobernanza global do desenvolvemento sustentábel Imparte: Daniel González Palau (IGADI) | Orixe sistema ONU e historia e desenvolvemento Axenda 2030-ODS, O Pacto do Futuro, Papel de China e países emerxentes no desenvolvemento global… |
| Mércores 20 de outubro, 18h-20h | Contidos |
| Sesión 3: Traballar nas Nacións Unidas e nas organizacións internacionais Imparte: Leticia Álvarez Reguera (Responsable de Comunicación da ONU para España e Andorra) | Estrutura do sistema ONU, Axencias e organismos, Perfís profesionais, Programas de prácticas e carreiras, Experiencias profesionais |
| Mércores 28 de outubro, 16h-20h | |
| 4ª Xornada “Ferrol no mundo do S.XXI: O diálogo Oriente-Occidente e a gobernanza mundial en transformación” Relatores por confirmar | |
