O martes 18 de xuño ás 20:30, na canle de Youtube do IGADI, presentamos o último libro do profesor da USC, Diego Sande Veiga, “As fugas de recursos, mito ou realidade colonialista en Galicia?”. Este ensaio foi publicado neste 2024 pola Universidade de Vigo e está distribuído polo Consorcio Editorial Galego.
O libro presenta unha discusión arredor da existencia ou non de relacións de colonialismo económico en Galicia, para o que se emprega como fío condutor o acontecido coas políticas europeas para innovación rexional. Un tema controvertido que, desde a entrada de Galicia e España na Unión Europea, foi gañando progresiva complexidade e que fai necesario retomar o debate.
Podes encargar o libro en librarías tradicionais, ou na rede na seguinte ligazón (Unebook): https://www.unebook.es/es/libro/as-fugas-de-recursos-mito-ou-realidade-colonialista-en-galicia_322135
Para distribuidores, o libro está dispoñible en:
Universidade de Vigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/publicaciones/public/show/417
Consorcio Editorial Galego: https://consorcioeditorial.com/gl/articles/34927
